Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra o emprego non declarado

viernes, 12 de julio de 2013
Acordouno a Xunta de Galicia no último consello celebrado este xoves: emprender un plan contra o emprego non declarado que contempla dezaseis mil visitas de inspeccións a empresas, especialmente nos sectores de hostalería, comercio e servizos.

Segundo se indicou na referencia do Consello, preténdese o respecto dos dereitos laborais dos traballadores, o aumento dos ingresos da Seguridade Social e a desaparición da competencia desleal entre empresas, emprendedores e traballadores autónomos, conseguindo que todos os traballadores estean debidamente asegurados e disfruten de todos os seus dereitos laborais.

Unha acción deste tipo sempre é bo momento para afrontala, pero máis agora que as dificultades medran, os ingresos redúcense e a picaresca florece con maior facilidade.

A acción que se anuncia como nova, e representará un incremento dun vinte por cento do programa normal de inspeccións, debera ser un primeiro paso para unha acción decidida da Administración contra da economía sumerxida para detectar esa importantísima porcentaxe de operacións comerciais en diñeiro negro, que non cotizan, e significarían prácticamente a desaparición dos problemas para a marcha económica do país.

Pero eso, ou é imposible (que non debe selo; non pode selo) ou queda moi lonxe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES