Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Astorga a Braga, por Lugo

jueves, 25 de agosto de 2005
Para aqueles imperiales tempos, foi unha "obra de romanos". Sería o equivalente a calquera autovía das de agora, firmemente asentada, con garantía para durar unha eternidade.

Roma conquistaba cos seus exércitos e coas súas vías. E esta via, XIX do Itinerario de Antonino, cruzaba as terras do fin do mundo e enlazaba as tres cidades de Augusto neste Fisterra: Brácara Augusta, Astúrica Augusta e Lucus Augusta.

Das vías queda memoria escrita, e os seus trazados son perfectamente coñecidos polos historiadores e arqueólogos. Pero atopar un novo anaco da vía é unha regalía para calquera cidade, neste caso para Lugo.

Manuel Murguía estimaba que Lugo era unha cidade plenamente romana, xa polo que amosaba ó exterior do que é a mellor mostra a maxestuosa muralla, xa polo que agochaba no seu sochán. Non había, dixo, máis que levantar as pedras e o po do chan para que aparecese Roma en todo o seu esplendor.

O Concello de Lugo, coas deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra e varias Cámaras portuguesas, están a traballar nunha iniciativa que se financia con Fondos Feder, para rescatar e poñer en valor restos históricos singulares como estes que veñen de aparecer.

Lugo conserva unha chamada “Calzada romana”, que ven ser medieval porque a verdadeira calzada romana tiña outro trazado que quedou fortemente afectada por sucesivas obras comunitarias ou particulares.

Que apareza agora a uns catrocentos metros da muralla romana o resto desta antiga vía, duns catro metros de ancho e setenta centímetros de espesor, caracterizada por sucesivas capas de cantos de río, é un pulo para a iniciativa en marcha e promesa de outros futuros achádegos.

Cada vez que unha obra de romanos chega ata nós ofrécenos a tentación de comparar a caducidade das actuais obras públicas en relación con aquelas doblemente milenarias. Parece como se daquela non se estivese traballando somente para o presente senón para toda unha eternidade.

De Astorga a Braga, pasando por Lugo, pode ser un fermoso itinerario turístico agora e no futuro. E pode ser, eso agardamos, un traxectorio arqueolóxico onde o estudioso e o curioso poidan seguir atentos un dos máis vellos dos nosos camiños, perfectamente representado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES