Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

PP-Psoe, á greña

miércoles, 10 de julio de 2013
Non vive o PP os seus mellores momentos polos disgustos que lle ocasiona a traxectoria seguida polo outrora xerente do Partido, Bárcenas, que cada día permite coñecer un anaco máis dunha traxectoria difícilmente xustificable. Pero non vai obter rendibilidade política o PSOE porque intente que o Presidente – do Partido e do Goberno – se aclare en relación con este tema, xa que o problema é moito máis fondo que este iceberg que agora asoma, sexa real ou imaxinario.

O problema ven de máis lonxe, evidenciado polas enquisas do Cis que periódicamente se publican e nas que aparece que, despois do problema do paro – insultante, insorportable, inmundo – os problemas que todos detectamos son a corrupción e a mesma clase política.

Poida que este tema de Bárcenas sexa a gota que colme o vaso, e que as palabras da Presidenta do PP de Madrid, claramente incisivas e pedindo luz sobre estes temas, sexan reflexo do sentimento existente no Partido sobre esta gravísima situación.

Pero andar á greña entre os dous primeiros partidos españois non vale de nada. Repetímolo: o problema é moito máis fondo e ven de moito máis lonxe. E mentras non se poñan – todos – mans á obra de renovación, limpeza, clarificación, non haberá nada que facer nin que discutir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES