Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saldos do Estado

viernes, 05 de julio de 2013
O comercio organiza vendas especiais, saldos, cando corresponde e se lle autoriza, de maneira que cando remata o Nadal ofrece os artigos desta tempada a precios moito máis baixos, ou ao final do verán os artigos que lle son axeitados a este tempo.

Tamén o gremio da construcción parece estar de saldo anunciando precios, facilidades, e evidenciando que o precio que hai poucos anos se cobraba por pisos, solares e locales de negocio era unha enormidade que non respondía a ningunha realidade, e que agora as cousas vanse asentando. Pero tamén quere dicir que quen nestes momentos tente vender unha propiedade vai obter moito menos do que ata agora se supoñía, pero se así se plantexa será pola urxencia de conseguir diñeiro en efectivo.

O Estado parece tamén organizar os seus saldos poñendo á venda, agora, neste difícil momento para as transaccións e a obtención de financiamento para calquera compra, ata 282 propiedades en Galicia, correspondentes a propiedades militares, do Instituto da Vivenda, de Patrimonio do Estado, de Correos ou da Seguridade Social.

Poden ser os saldos mellores do mundo, que se non hai financiamento nada hai que facer por parte da maioría dos posibles adquirentes. Poderán adquirilos, iso sí, os que disfrutan dunha posición desafogada, os mesmos de sempre, que coa crise aínda poderán mellorar de posición.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES