Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A prol dos Concellos

jueves, 04 de julio de 2013
O Consello de Estado ven de darlle un toque de atención ao Goberno sobre a súa intención de controlar a acción dos concellos e asignar ás deputacións provinciais as funcións que os máis pequenos non dean desempeñado de xeito sostible.

O alto órgano informa que o que o Goberno pretende vai contra a Constitución xa que supón tutelar aos concellos, órganos de representación directa, potenciando o papel das deputacións, de representación indirecta, cando o que se pretende é que as deputacións ou desaparezan ou presten apoio aos concellos que máis poidan necesitala.

As autonomías e a Federación de concellos e provincias xa se tiñan pronunciado neste tema opoñéndose aos plantexamentos do goberno en tanto supuxeran menoscabo da autonomía municipal, vaciamento de contidos e sustitución por outras entidades. Cabe esperar, xa que logo, que o Goberno -diante da imposibilidade de seguir legalmente por esta vía - proceda en consecuencia buscando mellores solucións entre as que están en primeiro lugar a da fusión voluntaria de concellos, e o reforzamento da súa financiación e potenciación do seu papel na sociedade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES