Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de re-encontros

jueves, 04 de julio de 2013
A vida vaite levando por camiños diferentes nos que te encontras con persoas diferentes:

-Persoas coas que convives máis ou menos.

-Persoas coas que empatizas máis ou menos.

-Persoas que che chegan a alma e outras que non tanto.

Cando se trata de persoas compañeiras de estudios durante moitos anos, xa creas un certo ambiente común porque recibes unha mesma formación que vai marcar a túa vida para sempre.

Vaias por onde vaias, levas contigo esa “etiqueta” que –para ben ou para mal- xa condiciona a túa vida:

-Pertencedes a unha mesma xeración.

-Compartides uns valores mi parecidos.

-Tedes un certo coñecemento mutuo....

Pasan os anos: a vida vai dando voltas e máis voltas.

Unha persoa vai por aquí, outra por alí, outra...

Os camiños da vida...

¡A Vida ten tantos camiños..!

Pero un bo día...¡PRODÚCESE O RE-ENCONTRO!

¿Fortuitamente ou providencialmente?

¿A vostede que lle parece?

¿Serán un de tantos misterios que ten a vida?

A verdade é que cando esto pasa, dáste conta que é como se o tempo se parara no mesmo sitio onde perdiches de ver a esas persoas e retomas a relación cunha intensidade especial.

Esas persoas, dalgún xeito, latían no teu interior.

Eu teño a sorte de disfrutar desta feliz experiencia por partida doble:

-Por unha banda con persoas compañeiras de estudios realizados en Galicia.
-Por outra con persoas compañeiras dos estudios realizados en Cataluña.

Non sabería dicir cal dos dous re-encontros é máis fructífero. O que si sei é que ambos se complementan e me enriqucen profundamente.

Coas galegas comparto a base da miña existencia. Cada vez que nos encontramos, dámoslle un repaso:

-Ós nosos tempos de estudiantes.

-A traxectoria de cadaquén.
.
-A profesión.

-Á familia.

-Á actualidade...

Todas somos mulleres.
Algunhas xa non están, doutras non se teñen noticias; pero as que temos a sorte de re-encontrármonos, estamos moi felices de ter collido o camiño da emancipación a todolos niveis, cousa que nos nosos tempos mozos non era de todo habitual na sociedade feminina galega.

Posiblemente fóramos unha xeración de mulleres galegas privilexiadas naquel momento histórico, que soubo ver o que se aveciñaba.

Ó longo dos anos, cada unha tivo os seus problemas, pero soubo afrontalos con dignidade e valentía e hoxe en día xa xubiladas case todas, aínda somos productivas á sociedade porque temos moito que dar e moito que aprender en calquera campo no que poidamos facer voluntariado.

Todas estamos satisfeitas coa nosa traxectoria porque nos deron UNHA BOA FORMACIÓN ACADÉMICA ACOMPAÑADA DE EDUCACIÓN EN VALORES: MOITA DISCIPLINA, MOITA HUMILDADE....

Coas catalanas, tamén gozo moito porque, teñen unha língua diferente, unha cultura diferente, un clima diferente, unha gastronomía diferente e unha ideiosincrasia que se complementa moi ben coa galega.

Galegos e cataláns empatizamos moi ben porque non lle temos medo ó sacrifício nin á vida. Confiamos en nós mesmos e nas nosas forzas.

Somos comunidades históricas con personalidade propia. Somos persoas das que sabemos oberservar, valorar e a continuacion: decidir.

Por estes e outros moitos motivos, O RE-ENCONTRO ENTRE DIFERENTES PERSOAS E DIFERENTES CULTURAS É MOI ENRIQUECEDOR.

Neste grupo de persoas tamén entra vostede cada vez que le un dos meus artigos.

VOSTEDE TAMÉN É UNHA PERSOA AMIGA; AÍNDA QUE SEXA INVISIBLE.

Eso non importa, o que importa é saber que está lendo esto porque lle di algo, porque remexe algo no seu interior, porque É PROBABLE QUE ESTEA PENSANDO EN RE-ENCONTRARSE CON ALGUNHA PERSOA QUE FAI TEMPO QUE NO VE...

¿Certo?

Por eso quero dá-las grazas á Providencia, ó Universo ou a quen corresponda por estes re-encontros e tamén por conectar cunha persoa coma vostede a través destas humildes confidencias que fago tódolos xoves, desde esta sección de “Opinión” en Galicia Dixital.

-Estamos en tempo de re-encontros...

-Tempo de viaxar...

-Tempo de facer unha visita a alguén que se atopa lonxe..

-Tempo de apertas...

-Tempo de compartir...

-E tamén tempo de sorpresas agradables.

Estou segura que vostede saberá aproveitalo.

É moi probable que no momento menos pensado alguén máis se cruce na nosa vida e que poidamos celebralo porque a riqueza está en compartir.

OS ENCONTROS SON UNHA BOA OCASIÓN PARA COMPARTIR E OS RE-ENCONTROS MOITO MÁIS.

¡Que os disfrute!

Vostede meréceo!

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES