Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escolas unitarias

miércoles, 03 de julio de 2013
As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, acreditando vida propia nestas unidades de poboación que entón eran as máis importantes social e administrativamente.

Pero as parroquias foron, pouco a pouco, sendo despoXadas da súa organización e estructura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estructurar a formación dos alumnos.

Os habitantes do rural emigraron ao pobo máis cercano, á capital da provincia, ás zonas máis desenvolvidas do Estado ou ao extranxeiro, e o rural despoboouse.

Mantivéronse determinadas escolas unitarias, ben para educación preescolar, ben porque a entidade do núcleo permitía ou esixía esa individualidade, pero foron desaparecendo pola diminución da matrícula ao reducirse a poboación.

No próximo curso escolar vanse pechar vintedúas escolas unitarias por falta de alumnado, parecendo lóxica esta política xa que se non hai demanda debe procederse ao recorte dese servizo que deixa de ser necesario para a cifra mínima que se considere adecuada.

E sen embargo, tiña que haber outra política de potenciación do rural, fomentando que a poboación volva fixarse en zonas que agora están comunicadas e dotadas de servizos que a xente abandonou cando a vida neles non era vida.

Fomentando o asentamento da poboación, aumentarían os nenos e polo tanto a matricula, e habería razón para manter abertas as escolas unitarias. Pero o feito de recortar é o máis doado, e a el estamos dedicándonos con fruición. Algún día haberá que cambiar de criterio se se quere que este pais – Galicia – siva vivo no futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES