Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Catro días

viernes, 28 de junio de 2013
Á CEOE non lle parece ben que un traballador poida disfrutar de catro días de ausencia do seu traballo pola morte dun familiar e critícao por boca do seu secretario de relacións laborais argüíndo que as viaxes na actualidade non se fan en dilixencia senon en automóviles que garanten desplazamentos en cuestións de horas.

Para a CEOE o pasamento dun familiar directo orixina, tan só, a asistencia ao enterro para o que, efectivamente, fai falla pouco tempo. Pero unha circunstancia así, especialmente en Galicia pero tamén en calquera punto do Estado, provoca moito máis movemento, e especialmente moito máis sentimento, proporcional á cercanía do familiar que se despide.

Cando se trata de familiar directo, a dedicación moitas veces ven de atrás, seguindo de preto todo o proceso que desembocou na morte, colaborando nos cuidados, procurando atencións que cando o óbito se produce se traducen en atencións ao resto da familia, xestións relacionadas co deceso, organización xeral de celebracións e mesmo adopción das medidas ordenadas polo familiar que fallece.

Nada diso parece ter importancia para a organización empresarial que non parece comprender que durante un tempo determinado o que sofre unha perda familiar importancia non sexa apto para o desempeño das súas funcións laborais, nin siquiera para acudir ao seu posto de traballo, porque outros problemas urxentes, indelegables, o reteñen e o preocupan.

Certo que as viaxes agora non se fan en dilixencia e os vehículos automóviles facilitan os desplazamentos. Pero as últimas viaxes dun familiar requiren moito máis –aínda que a CEOE non o comprenda- que un mero desplazamento por estrada para acudir a un enterro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania