Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Querida xuventude

jueves, 27 de junio de 2013
¿Qué dixo que sodes unha xeración perdida?

¡Cómo permitides eso!

Non é certo por moitas razóns que eu vou a intentar resumir en cinco puntos:

1.- Sodes a XUVENTUDE DA BONANZA.
2.- Sodes a XUVENTUDE ESTUPENDA.
3.- Sodes a MELLOR XUVENTUDE QUE TEMOS neste momento.
4.- Sodes a XUVENTUDE DA ESPERANZA.
5.- Sodes o DIVINO TESOURO.

Primeiro permitídeme que vos faga algunhas pregutas previas:

¿Tedes vós algunha culpa de esteamos en crise?

-Non, está claro que non.

¿Non eran tempos difíciles os que lles tocou vivir a vosos pais?

-Si, claro que si.

¿Non foron tempos súper –difíciles os que lle tou vivir a vosos avós?

-Claro que si e moito máis aínda

¿Imaxinádesvos como viviron os vosos bisavós, e os tataravós?

-Seguramente que non moito...

Todas estas xeracións... ¿Saíron adiante?

-Si, claro que si; como pudieron, pero foron evolucionando cos escasos medios dos que dispoñían.

¿Vós ides ser menos?

-Non, claro que non. De ningunha maneira.

¿Tedes menos medios que os vosos antepasados?

Non, tedes moitos máis…

Daquela …¿Por qué tedes medo?

¿Non sabedes que o medo e o principal obstáculo co que nos podemos encontrar?

¡Fora medo e a tirar para adiante!

1.- SODES A XUVENTUDE DA BONAZA por varias razóns:

-Os vosos antepasados máis próximos dos que tedes noticia, pasaron unha vida dura (con post-guerra incluída). Víronlle as orellas ó lobo e lanzáronse a loitar para saír adiante.

¿Como?

-Adminitrándose e poñendo os pés na terra, sen estirar máis o pé do que daba a manta.

-Buscaron traballo onde o había: uns mellorando a producción do medio rural, outros colleron camiño da vila en busca dun emprego como obreiros e outros incluso incluso foron á emigración cos cartos prestados para a viaxe.

-Traballando moitas horas diarias sen apenas ter tempo para repoñer forzas dun día para outro. Esixindo moi pouco e dando moito.

-Fundando novas familias a partir da nada, cando todo o seu enxoval cabía nunha paxeta, sen máis medios que as propias mans e moitas, moitas ganas de traballar e moita confianza en si mesmos. (E se eran crentes, moita confianza na axuda de Deus)

-Uníndose as familias de varias xeracións para apoiarse mutuamente e unir esforzos, superando as diferenzas e loitando pola supervivencia familiar; pedindo moi pouco e dando moito.

-Os vosos antepasados fixeron moitísimos quilómetros a pé, ben para estudiar , ben para ir a traballar.
Daquela o que tiña unha bicicleta, xa era un privilexiado, e ter unha vespa, un luxo.

-Os da aldea traballaron de sol a sol, sen escatimar horaios nin esforzos.

-Os da vila traballaron de luns a sábado, incluso os nenos de escola tiñan escola os sábados.

-Practicamente case ninguén facía vacacións, nin tiñan pensión de ancianidade na inmensa maoría. Traballaba desde que tiñan uso de razón ( como se dicía daquela) ata que se esgotban as forzas.

Estes e outros moitísimos sacrificios fixéronos os vosos ascendentes para
que vós tiverades un futuro mellor. E conseguírono. Por eso vós sodes a xuventude da bonaza.

Quizais cometeran un erro entre outros moitos no tocante á vosa educación:
“Non educarvos na disciplina, na humildade e na sencillez”
(Perdoádelles, fixérono o mellor que souberon e poideron e coa mellor das inencións. Vós tamén habedes de cometer algún erro cos vosos descendentes. Todos somos humanos))

Por eso vos costa acomodarvos á situación actual; pero saberedes darlle solución. A vida encargarase de ensinarvos.

2.- SODES ESTUPENDOS: Desto dou fe porque toda a vida traballei con xente nova e puiden comprobalo por min mesma. Sodes as mellores persoas que hai. Tedes unha masa estupenda, tan estupenda que sodes moi impresionables e –desafortunadamente- hai adultos que non teñen escrúpulos e aprovéitanse vendéndovos mentiras e máis mentiras.

¡Andade con moito tino, por favor!

Hai quen vos engana ofrecéndovos unha vida fácil e hedonista que en moitos casos merma a vosa calidade de vida, a das vosas familias e a da sociedade en xeral.
(Xa me entendedes o que vos quero dicir...)

Este tipo de xuventude é a que máis ruído fai e a que máis se ve, pero vós sodes excelentes e seredes capaces de dar un paso máis na evolción da humanidade como fixeron moitísimas persoas de ben que vos precederon.

Tedes moitos e moi bos referentes. E para melloralos, estades vós.

3.- SODES A MELLOR XUVENTUDE QUE TEMOS, entre outras razóns porque non temos outra; pero tamén porque tedes máis información que as xeracións anteriores.
A educación mellorou moitísimo nos deradeiros tempos. Tedes moitísimos medios se os queredes aproveitar: familias estupendas, profesorado moi preparado e entregado, bibliotecas, internet, etc...
As novas tecnoloxías danvos acceso a moitísima información que vós teredes que seleccionar para ver a que vos convén e máis para acadar os obxectivos que cadaquén se marque.

Cómpre que vaides con ollo clínico, porque no é ouro todo o que reloce, nin todo o monte é ourego. Tedes que fixarvos moito para facer unha discriminación positiva a voso favor.

Non estaría nada mal que recuperárades o espírito de sacrificio e disciplina dos ancestros, porque é ben certo que:

-“Sen traballo, non hai nada”

-A vida é femosísima pero niguén dixo que fora doada.

- O que moito vale, moito costa.

4.- SODES A XUVENTUDE DA ESPERANZA. Ninguén ten capacidade para para-lo paso do tempo.
Os maiores imos avanzando en cronoloxía e as forzas van decaendo. Necesitámosvos. Necesitamos que outros – vós, os xoves de hoxe en día- collades o relevo para dar un paso máis no avance desta sociedade cara a un furuto máis prometedor.

Oídes falar ós pesimistas que se perderon os valores, que os novos tal e cual...

Vós sodes os encargados de desmostrarnos que se pode mellorar aínda que sexa facendo as cousas doutra maneira, conservando sempre o fundamental. Neso consiste a evolución.

Procededes dunha xeración un tanto materialista, que mide todo en términos de producto interior bruto.
Certamente que vós tedes que manter o producto interior bruto, porque é o fundamento, pero tamén vos toca recuperar a FELICIDADE INTERIOR que moitas persoas envolveron na materia e quedaron baleiras por dentro.

Tedes que coidar moito a espiritualidade, a vida emocional das persoas para que esa sociedae recupere os ánimos, a confianza en si mesma; porque do interior é de onde sae a forza da vida.

5.- SODES O DIVINO TESOURO: Sodes un regalo divino que chegastes nestes tempos para demostrarnos que hai máis riqueza en SER que en TER.
Vós sodes divinos aínque que non dispoñades de moitos bens materiais.
Tedes o mellor: sodes persoas cargadas de vitalidade con profundos desexos de superar esta crise –sobre todo de valores- na que nos envolveron.
Vós salvaredes este bache co voso traballo honrado e eficiente desempeñando con amor calquera que sexa o vosoposto na sociedade.
Noutros tempos, o traballo dignificaba as persoas, hoxe en día as persoas dignifican o traballo.

Fai moitos anos, nos meus tempos universitarios, un profesor díxonos que en países desnvolvidos era habitual ver a un universitário desempeñando funcións de varrendeiro.

A min daquela chocoume. Hoxe, non me extrañaría nada. O primeiro é gañarse as fabas honradamente e logo superarse canto máis mellor. O importante é ir superándose, ir evolucionando...
Vós sodes divinos.
¡Querémosvos!

¡Moito ánimo, moita disciplina, moito esforzo, moita constancia...
! En vós está non só o futuro, senón tamén o presente.
Os adultos poñémonos nas vosas mans.

¡Contamos co vós!

E vós contade tamén con nós que aínda nos queda moito por dicirvos.
As persoas maiores temos moitas experiencias acumuladas e moitas leccións que aprendemos na escola da vida mesma.
Sabemos moitísimas cousas interesantísimas que non veñen nos libros.
Escoitádenos e xa veredes...

Non esquezades que a xuventude lévase na mente. Moitos maiores tamén somos xoves por dentro.

As canas, as enrugas e os achaques, son froito dos anos,
O que conta é a riqueza interior.

¡A RELACIÓN INTERXERACIONAL É NECESARIA PORQUE É COMPLEMENTARIA E MOI ENRIQUECEDORA PARA TODOS!

¡ÁNIMO XUVENTUDE!
(Xove e toda persoa que ten o espírito cheo de vitalidade independentemente dos anos que teña)

Se a vostede lle gustou este artigo, é unha persoa moi xove, independentemente dos anos que teña no seu haber.
¡FELICÍTESE, POR FAVOR!

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES