Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Federación ibérica

miércoles, 26 de junio de 2013
Neste difícil tempo no que costa traballo manter a cohesión entre os países e nacionalidades que conforman o Estado español, hai quen propugna unha federación ibérica, unindo España e Portugal, para mellor afrontar os problemas futuros, dentro ou fóra da Unión Europea.

Certo que España e Portugal teñen maiores factores de unión que de diferencia, xa non digamos en Galicia que por cercanía, por historia, por costumes e por idioma son considerados desde hai séculos os irmáns de máis aló do Miño. Pero moito camiño temos que andar para que a desaparición das fronteiras que propiciou a entrada na Unión camiñe cara a unha integración nun só Estado, volvendo a tempos dos que a historia garda memoria pero que nada teñen que ver co mundo de hoxe.

En Portugal hai un movemento denominado Partido Ibérico que propugna a unión dos dous países, e unha corrente de simpatía neste senso, que parece ir en aumento. En España aínda é unha novidade o tema, se ben a común pertenza á Unión Europea propicia a eliminación das barreiras, o fomento das relacións, e o camiño nunha dirección que nun futuro veña resultar un resultado de homoxeneidade entre dous paises condenados a entenderse por historia e por vida nunha terra común.

Agora que empeza a haber un importante número de galegos e españois decepcionados pola Unión Europea, mirar a Portugal pode ser unha opción – complementaria ou sustitutoria segundo as circunstancias o propicien – que nunca debemos esquecer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania