Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carballo: a base do noso lar

miércoles, 26 de junio de 2013
A Xosé Manuel Carballo Ferreiro,
desexándolle unha eterna melloría.

As nosas vidas son coma barcos que van deixando a súa estela no mar. Non importa que isa leira sexa azul e inmensa, tamén o pode ser o teu corazón.

Nós nacimos para serermos mariñeiros e procurar soños. Ises soños que viven na conciencia da xente. Porque recorda, Amigo, a nós foinos doado o don da procura da verdade. A verdade que se pesca polos vieros da vida, sabedores como somos de que a verdade nos fai libres, e isa mesma libertade é a que nos convirte en poetas.

Nos fumos os elegidos por Deus para sermos alumnos do Seminario de Mondoñedo e, entre aquelas canterías xeométricas e un Cristo de escaiola, fumos felices. Porque alí atopámo-lo mellor amigo que un home pode ter: Xesús. Non só o Neno tenro e garimoso, senón o Nazareno que camiña coa súa cruz da vida polos combaros. Sí, ise que se coroa coas espiña das silveiras para enseñarnos o verdadeiro valor das cousas.

Nós fumos afortunados porque entre partidos de fútbol, latín e sotanas tivemos a sorte de compartir cos compañeiros aqueles anceios de nenos, mentras aqueles benqueridos curas canteiros labraban na nosas conciencias os principios éticos e morais, amén de outras exemplares enseñanzas.

A vida é tamén un lar que pode ser un cabanote ou unha catedral. Pode estar feita de carabullos ou chea de arte, pero convén que sempre teña boa basa. Isa basa que, preñada polos devanceiros mestres, fluía alí coma a fonte Vella. Alí onde bebían os ilustres mindonienses coma Leiras ou Cunqueiro ou, onde cecais Pascual Veiga atopou as notas do Himno Galego. ¿ Recordas, Amigo, como non nos daba pereza levantarnos en pleno inverno e con auga fría ás sete da mañá? Era o bálsamo da Alborada. ¡ Cánta fermosura acougaba os nosos sacrificios! Porque, recorda, éramos case nenos.

Nunca soupén moi ben de que material estou feito.As veces soño con que o meu corazón é un niño de petálos roxos; outras, coma Rosalía, que tén un cravo de ferro e non o poido arrinchar; outras, que xa morreu…Tamén sei que o meu corpo, coma o teu necesita, por ser lar, tapa-las goteiras, porque apodrecen as ilusions do tellado e un maréase sumerxido no mar da crisis, da golfería e da mentira.

Mais hoxe, aínda con nós cascados- prégolle a Virxen dos Doores por Tí-, cómprenos rendirlle ó Seminario, non por obriga, senón por recoñocemento e gratitude, a nosa máis fiel consideración e agarimo, amén que amosamos a todo-los nosos mestres o noso cariño máis tenro.

Mondoñedo non perde o Seminario por máis que D. Enrique Cal Pardo, D.Uxío García Amor, D. Ánxel Paz Gómez, D. Pepe García García, D.Antonio Rodríguez Basanta ou o compañeiro Félix Villares Mouteira… e outros amigos-os Meilán, Castro, o panadeiro, Sante, Esquerdeiro…- , e nós mesmos, recibamos un forte pau. Está feita a sementeira e por iso a revista do Seminario chámase Amencer ¿Acaso non somos a Terra das mil primaveras?

Fas falla acó, amigo Carballo, necesitámo-la túa maxia o teu ilusionismo, a túa chispa, a túa retranca…ise humor e grandeza de espiritu con que Deus dota ós seus elegidos e, sen dúbida, Tí es un deles. Mondoñedo e o Seminario son o lar das nosas vidas e necesítante. E xa sabes, os carreiros de Deus son inescrutables.

Unha aperta fondoso e, por Deus, ponte bón.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES