Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta a Xulio Xiz sobre Xosé Manuel Carballo

martes, 25 de junio de 2013
Benquerido Xulio: Grazas pola túa carta dándonos noticias da estadía hospitalaria do crego e cívico humanista, Xosé Manuel Carballo. Dous días antes da súa delicada operación estivemos con el nun xantar en Santa Mariña de Portomarín, nos rentes da auga encorada do río Miño, co grego Mato, Mero, Darío Rivas, o home que fixo posíbel desenterrar a seu pai da tenebrosa e deshumanizada cova que os falanxistas de 1936, despois de asasinalo o rodearon de silencio. Seu pai era republicano e alcalde de Castro de Rei, Darío, ese talentoso corpo miúdo que xa pasou o limiar dos noventa anos, é símbolo e vontade de triunfar sobre ese silencio e darlle digna sepultura a seu proxenitor.

O noso sempre benquerido Xosé Manuel Carballo, que curiosamente estaba diante de min ou eu del, dous días antes da operación, da cal nos falou e tranquilizou con esa enorme enteireza de sorrir e de explicar anécdotas que é o seu. Mais nesas circunstancias outras persoas estaríamos ben cargados de sospeitas, contradiccións e medos. Carballo nos fixo rir a gargalladas con un humor humano, nada de sobrehumano, tal vez divino. Porque esa potencia de vencer as dificultades que o rodean, un ten que estar moi seguro do que cre e da esperanza que o catapulta cara a certeza mais sublime dunha seguranza que o perpetua da fe que lle é irrenunciábel, como invocaba o salmista.

Xosé Manuel Carballo é un home moi breado na búsqueda do humano e do divino, por iso o sorriso e a gargallada a flor de beizos, e o corazón revertendo as esencias do que el cre no amparo dese Deus que nunca o conmociona. Nese xantar ninguén viu unha especie de Xob maltreito e de lamento fácil ou de dúbida. Carballo é ese talento cívico e deísta capaz de contemplar os nosos ais no mais íntimo silencio que nos cala, ante problemas de saúde.

En carballo captei esa esencia tan persoal e mesturada de espiritualidade e sabedoría, algo tan propicio e definitivo que lle falta a tantos crentes que aínda non foron capaces de facer autocrítica sobre a súa fe ante problemas existenciais que sempre nos sufocan. As palabras algareiras e humanizantes de Xosé Manuel Carballo, nesta ocasión de convivio, eran como arrecendo de mel e leite de ofrenda e dádiva para os que aínda andan polo camiño da dúbida e do desespero.

Transmítelle, benquerido Xulio, esta outra ledicia e dádiva deste outro amigo que sinte e aprecia os arroutos de esperanza como augas purificadoras do patriarca río Miño, que vencella de irmandade a Chaira e a Ribeira Sacra. Así onde hai sorriso hai palabra que nos revela tantas inercias para superar contrariedades da nosa existencia. Para Carballo e para ti miña fondal e calorosa aperta.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES