Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mirémonos en Grecia

martes, 18 de junio de 2013
Cando se trata de fixarse na historia, baseámonos en Roma e consecuentemente en Grecia. De Grecia nos chegan, a través dos séculos, leccións de arte, de filosofía, de pedagoxía, de historia, de organización, de relixión, de vida.

Grecia é o berce da civilización occidental, pasando por Roma e por todos os imperios que se sucederon, e aínda que temos renunciado ao estudio do seu idioma non podemos esquecer que o noso, e todo o entramado social que nos rodea, ten vocablos gregos aos que hai que acudir para entender o perfecto significado das nosas palabras.

A última noticia que nos chega de Grecia fala dunha perda irreparable motivada pola crise e polas medidas que lles chegan de Europa. Da do norte, por suposto. Porque Grecia veuse obrigada a pechar a súa televisión pública deixando sen emprego aos 2.656 traballadores da entidade de comunicación.

Se atendemos a que a prensa está considerada o cuarto poder podería moi doadamente considerarse que prescindir deste poder é como prescindir do lexislativo, o executivo e xudicial. Ou se non é o mesmo achégase bastante porque supón prescindir dunha entidade que se supón relativamente independente, controlada por organismos tamén independentes, non suxeitos a mandato de ningún tipo, que ten que marcar a pauta de comportamento para os medios informativos do país.

Pero se nos miramos en Grecia, agora mesmo non vemos pasado senón perigoso futuro, xa que se un país con problemas se ve obrigado a prescindir dun medio vital coma este, quere eso dicir que os que gobernan Europa están decididos a chegar ata as últimas consecuencias con tal de racionalizar as contas públicas dos membros da Unión. Caia quen caia, sufra quen sufra, haxa que cortar o que haxa que cortar.

Mirémonos en Grecia. Posiblemente aprendamos dolorosas pero importantes leccións, das que tomar boa nota.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania