Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mobilización

viernes, 07 de junio de 2013
Hoxe coma onte non parece haber outra solución que as protestas na rúa, as manifestación con artiluxios sonoros, de xeito que as mobilizacións están sendo o termómetro co que se pode medir a saúde da democracia e a temperatura interna da nosa sociedade.

Pode ser en defensa dos postos de traballo, en reivindicacións de temas da Sanidade ou da Educación, que en todas as cidades se rexistra unha efervescencia social que só se desafoga saíndo ao exterior para berrr consignas e manifestar o desacordo público contra algo ou contra alguén.

Pensábamos que as manifestacións por todo e a cargo de todos era algo que xa pasara a historia, que foran demostracións de forza propias do tempo no que a democracia se estaba consolidando, e que había que axudar de xeito directo e popular á toma de decisións nunha determinada dirección.
Pois seguimos o mesmo. E a cidadanía considera que ten que facerse oir dun xeito directo xa que outras canles non funcionan, e as administracións non consideran o diálogo como o elemento máis importante á hora de gobernar.

Moito nos queda por facer e por ver nesta saida ao exterior, versión cotidiana da expresión libre herdada do 15M que deixou un regusto na boca á participación directa que sempre nos estivo negada.

Mobilizarse en manifestación polas rúas é o sustituto – pobre, rudimentario, pero democrático – da influencia popular no labor dos gobernos democráticos que non escoitan, ou non parecen escoitar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES