Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha bomba en Compostela

martes, 26 de julio de 2005
Todos temiamos que calquera descerebrado escollese Compostela como obxectivo con motivo do seu día grande. E ocorreu.

Certamente, é dificil porse na mente de quen escolle un obxectivo para un atentado terrorista. É dificil sinalar Madrid ou Londres, Exipto ou Compostela.

Compostela, Capital de occidente hoxe máis ca nunca, punto de referencia, de mirada e de destino de milleiros -millóns- de persoas, foi escollido por un grupúsculo galego para facer escoitar a súa voz, que sería respectable se se expresase en paz, pero convértese en infame ó ser contaxiada pola violencia, independentemente do resultado desta violencia, afortunadamente reducida a danos materiais.

No momento en que Galicia vive a maior festa do ano, por riba de cores políticas, de ideas, de crenzas… Galicia, polo Santiago, estoupa en festas nos centos de parroquias que levan a advocación do Fillo do Trono.

E todas estas festas conflúen en Compostela, onde nos miramos tódolos galegos, e –por un día alomenos– tódolos hispanos.

Noraboa, Santiago, pola festa, a pesares da agresión. Noraboa, santiagueses, porque a vida segue. Noraboa, Galicia, porque esta agresión foi a única tacha nunha celebración multitudinaria e modélica.

Que unha bomba en Compostela sexa só un mal recordo. E que a vida siga, porque a inmensa maioría dos galegos somos partidarios da vida, do diálogo, da convivencia e da paz.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES