Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xuizos teñas

miércoles, 05 de junio de 2013
As nosas xentes sempre gardaron distancia respectuosa pola Xustiza procurando ter a relación mínima con ela, e aínda que teñamos a sona de ser un pobo de xentes pleiteantes pola máis mínima cuestión, o certo é que mentras poidamos permanecemos lonxe do terceiro poder.

E o refraneiro que afrmaba “pleitos teñas, e que os gañes” viña supoñer que por moi bo que fose o resultado dun pleito sempre era unha causa perdida para o gañador, xa non digamos para o perdedor.

Nestes momentos andan en xuizos, moito máis ca pleitos, autoridades municipais pasadas ou presentes, que se queixan de indefensión por descoñecer os cargos, e comproban que os tempos non dan chegado para saber se o resultado das investigacións lles van a ser favorables.

Eso, polo que ao resultado do xuizo se refire, que o malo da cuestión é que paralelamente ao traballo dos xuices instructores está o parlamento da prensa e os tribunais populares que cada día examinan os temas, analizan situacións e establecen dictámenes sen ter en conta a lexislación vixente, as probas fehacientes e a defensa dos acusados, senón que aplican os antecedentes sociais, o criterio que a clase política lles merece, e outros factores de similar contundencia e racionalidade, e dictan sentencia.

Menos mal que non poden executar as sentencias establecidas, porque esto sería unha hecatombe. Ben pensado, se unha “hecatombe” era o sacrificio de cen animais en aras do culto dalgún deus, polo número de presuntamente implicados, esto sería moitísimo máis ca unha hecatombe. Como mínimo, unha traxedia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES