Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Empezamos polas formas

viernes, 22 de julio de 2005
Xa se anuncian os cambios no goberno galego, e na política deste goberno, que vai ser paritario en canto a xénero, e cabe supoñer que revolucionario en canto ó que ate agora estabamos afeitos a ver.

Reduciranse dúas Consellerías, aínda que eso non traia consigo necesariamente reducción do gasto público, porque as funcións hai que atendelas. E estas funcións van sufrir tamén cambios radicais por medio de traslados entre os diversos departamentos.

Cambian de lugar a política lingüística, a relación cos medios informativos, o turismo, o deporte, o medio ambiente, os temas de familia, e uns cantos máis, reaxustando competencias das diversas consellerías non se sabe ben se por axeitarse ás novas esferas de poder, se porque deste xeito os temas van estar máis racionalmente atendidos por similitude ou cercanía entre sí.

Esperamos cambios no fondo, pero empezamos polas formas, porque estes traslados de competencias traerán consigo novos despachos para nova xente, desplazamentos persoais e de arquivos, novos formularios e novos impresos, novos rótulos, novos emprazamentos... O mesmo de sempre. O mesmo, de sempre que hai mudanzas deste tipo, que se producen con calquera cambio de conselleiros, que parecen responder máis a apetencias persoais de control que de racionalidade.

Agardemos que, esta vez, alomenos por un tempo, os cambios sexan definitivos e os administrados -e aínda parte dos administradores- non teñan que andar preguntando onde está tal organismo, ou quen se encarga de determinada materia.

Empezamos polas formas. Agardemos que, cando as formas se estabilicen, cheguemos ó fondo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES