Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cantando Cantares Gallegos

miércoles, 05 de junio de 2013
O pasado 13 de Maio Mujeres Entretejidas celebrou no Museo Provincial de Lugo unha actividade arredor da nosa poetisa máis senlleira: Rosalía de Castro. Apoiada na súa figura, a asociación quere darse a coñecer cunha clara vocación solidaria, integradora e intercultural. Esta asociación ten como centro a loita pola igualdade de xénero e a convivencia. Por iso é unha entidade de portas abertas na que collen todas as persoas que teñan como principios básicos a liberdade, a igualdade e a solidariedade entendida como interdependencia que nos axuda a alancar polas costas da vida en tempos adversos. Polo tanto é difícil atopar alguén que non colla no ideario de Mujeres Entretejidas.

Idearios aparte, o acto do día 13 foi deses que volven a emoción arrepío para gardala na memoria. Todo comezou coas verbas de Marica Campo sobre Rosalía, aplicando os seus versos á actualidade; de certo, moitos deles ben podían ser escritos nesta Galicia do século XXI....

Ao mesmo tempo, lembrou Marica que o compromiso de Rosalía coa terra e co idioma durou ata a fin dos seus días.

Despois escoitamos á sempre enigmática “Negra Sombra” na gran voz de Alma Selene, e por último Mini e Mero cantaron dous poemas de Rosalía e recordáronnos o risco das teas de ”Penélope”, que Xosé María Díaz Castro cantou como ninguén.

Este acto demostra unha vez máis que existe un diálogo e un respecto intercultural polo que moitas persoas traballan sen descanso, entre elas a asociación Mujeres Entretejidas. De certo, é un pracer e un deber colaborar con esta causa nunca perdida, xa que o día que se perda perderase, tamén, a propia sociedade. Ben seguro que se traballamos dende o diálogo agromarán actos coma este, que nos convocan na quentura da diversidade, ás máis variadas visións do mundo. Iso si que nos enriquece!

Grazas a todas e todos / as os que fixeron posible “Cantando Cantares Gallegos”
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES