Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Emolumentos

martes, 04 de junio de 2013
Nas máis altas instancias da banca, da política, da influencia social, non teñen medida, non teñen sentido común e moito menos vergoña.

Os soldos que se autoasignan os nosos representantes elexidos por nós democráticamente entre os que os seus partidos seleccionan segundo a súa fidelidade, son impropios do tempo no que estamos e da sociedade que estamos conformando.

E de repente aparecen novas que son como insultos, badaladas, coiteladas a todos nós que non hai posibilidade de esquivar.

Móntase un “banco malo” para conseguir vender bens que as entidades bancarias teñen atesourados,e este banco perde no primeiro mes de funcionamento, a finais de 2012, 5.500.000 €.

Os rectores deste banco non perderon o tempo ao dedicar os seus esforzos a poñelo en marcha, e así a súa presidenta gañou o primeiro mes 32.916 euros, e o conselleiro delegado 32.083. Por un mes de traballo.

Sabemos que se trata de persoas de alto nivel de formación e
responsabilidade, pero eses ingresos nun só mes, unidos aos 142.917 cobrados polos 15 membros do consello de Administración por ese mesmo período indican por donde van os tiros. E indican tamén que pode haber tiros para ocupar cargos similares en institucións ou entidades que teñan tal xenerosidade cos seus rectores.

Aquí, na periferia, estas novas que veñen de Madrid déixannos atónitos. E fannos pensar que este país non ten arreglo, posiblemente porque os encargados de amañalo non chegan aínda a ese nivel económico. Que todo se andará.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES