Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inseguridades

jueves, 21 de julio de 2005
Parece mentira que, coa perfección que teñen alcanzado os sistemas dos que nos dotamos, teñamos aínda tanta inseguridade arredor de nós.

Co progreso e a mellora das condicións de vida, cada paso que damos está previsto, regulado, controlado, de xeito que podemos saber en cada momento que se espera de nós, e unha norma do tipo que sexa está marcando os nosos movementos.

E sen embargo, o mundo que nos rodea é inseguro. Ou nós, os humanos, aportamos factores extraños que trastocan todo o razonablemente previsto.

A morte de tres nenos galegos en breve espacio de tempo pon de manifesto os perigos que nos rodean, especialmente no ámbito doméstico: un muro que se derrumba, un pozo caseiro non debidamente pechado, un balde de auga medio cheo poden ser elementos mortais para un neno.

E para os maiores: De cando en cando, un accidente nunha pirotécnica sáldase con mortos ou feridos, hoxe coma onte, para que logo digan que a pirotecnia é cara.

Xa non digamos o pavoroso panorama dos incendios forestais, co seu tráxico saldo de víctimas, máis lonxe ou máis cerca, como cruentas ofrentas a un deus ávido de sangue humana.

Diante deste panorama de inseguridades, só cabe o respecto absoluto ás instruccións que as autoridades na materia proporcionen sobre temas problemáticos ou perigosos; só cabe -no que ós nenos se refire- o coidado contínuo sen desvia-la mirada; só compre respectar os regulamentos e cumpri-las especificacións por extrañas ou excesivas que parezan.

As inseguridades existen de por sí, porque o mundo que nos rodea ten as súas propias reglas e nunca se dará acomodado a nós, porque sería domesticar o indomesticable. Pero esas inseguridades poden e deben reducirse, suprimirse, por ben de todos, con prudencia e raciocinio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES