Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Banco de España

lunes, 03 de junio de 2013
Antes, imprimía moeda, e era toda unha institución. Europa encárgase agora desta función, e o Banco de España xa non é o que era.

Antes e agora encárgase da supervisión do mercado bancario, marcando pautas, facendo observacións, controlando, cun equipo de inspectores dotados de excelente formación e sustanciosos emolumentos que eran o terror das entidades bancarias. E sen embargo parece que a entidade resultou ser un tigre de papel que non conseguíu asustar, nin siquiera ser respectada, polas entidades bancarias que lle meteron milleiros de goles nun partido sen árbitro pero con máis de corenta e cinco millóns de espectadores.

Sen embargo, a institución está aí, segue viva, e o seu gobernador mantén o don da palabra, e fíxose oir o pasado venres propoñendo que as empresas poidan contratar parados de longa duración pagándolles menos dos 645 que establece a norma do salario mínimo interprofesional.

Despertou tal expectación está proposta que o atónito goberno só puido indicar que estas cousas non as decide o Banco de España senón o mesmo goberno que para eso ten un Ministerio de Traballo e asuntos afíns.

Para un parado de longa duración, para calquera parado, unha cifra por debaixo dos 645 é algo máis ca nada, e polo tanto relativamente interesante tanto polo diñeiro en sí como pola mesma ocupación que o acredita como persoa válida para a sociedade. Para o Banco de España dicir isto, áparte de meterse onde parece non ser chamado, parece un pretexto para asomar a cabeza e tentar demostrar que segue a ser válido para a sociedade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania