Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eurotimo

viernes, 31 de mayo de 2013
Eurotimo Non, non crean que a cousa vai por rueiros de economía, aínda que si puidera ter que ver. Non vou falar da divisa única que vai prescindir das moedas de 1 e de 2 céntimos ( unha xustificación para redondear os prezos, xa verán) e si doutro eurotimo chamado “Festival de Eurovisión”, un festival que comeza no 1956 inspirado naquel outro, italiano, de San Remo.

Naqueles primeiros anos convocaba diante da televisión a moitos millóns de espectadores converténdose no programa do ano máis visto en Europa.

Eran, evidentemente outros tempos, tempos en branco e negro nos que as familias permanecían unidas diante da televisión. Eran tempos nos que, os países participantes, levaban ao seu director cos seus arranxos, cunha orquestra que soaba en directo e que no noso caso case sempre dirixía o mestre Ibarbia. Dese festival saíron importantes interpretes, algúns dos cales acadarían sona polo mundo adiante. Que eu recorde por exemplo: Abba que gañou no 1974 coa canción “Waterloo”, Gigliola Cinquetti, Celine Dion, France Gall, Sandie Shaw, Frida Boccara, Udo Jurgens, etc, gañadores o mesmo que a nosa Massiel ou Salomé. Por certo cando triunfou Massiel con “La,la,la” no 1968 transmitiuse por primeira vez en cor para algúns países entre os que non se encontraba o noso. Outros interpretes estiveron a piques de gañar pero non o conseguiron malia que despois si tiveron éxito coma: Cliff Richard , Mocedades, Julio Iglesias, etc.

Mocedades levou ao concurso no ano 1973 a canción “Eres Tu” de Juan Carlos Calderón, que dirixiu a aoquestra, un tema que non ganou, pero logo si conseguiu sona mundial. Curiosamente Iugoslavia presentou unha queixa porque, segundo dicían, este tema era un plaxio. Aquel asunto non prosperou e a canción seguiu o seu camiño cara ao éxito. Había os seus máis e os seus menos con certos países que non ían se ían outros, como era o caso de Grecia ou Turquía, pero salvando estas diferenzas e outras relacionadas cos sistemas de votación, a música era a protagonista. E digo era porque en 1990 vaise introducindo pouco a pouco o “play back” o que supoñía que parte da música estaba pregravada, ata chegar ao ano 1998 no que o engano é xa absoluto; desaparece a orquestra e tamén a imaxe no televisor, previa a cada interpretación, dos directores representantes de cada país. Hai algunha que outra protesta pero xa non haberá música en directo e aquilo pasa, de ser un espectáculo musical a ser una representación circense na que non faltan os saltimbanquis. Hoxe a música e un aditivo a un espectáculo escénico de moito colorido, iso si, onde os intérpretes son marionetas teledirixidas.

Na actualidade o Festival de Eurovisión é coma un karaoke xigante, nun escenario xigante onde o a música xa é o de menos. Prima o espectáculo visual e nada máis. Por iso aqueles que aínda apostamos pola maxia da musica en directo, polo seu poder comunicativo, independentemente da calidade das cancións que se presentan, cremos que este espectáculo é un eurotimo, unha historia que está aí para que algúns saquen proveito e os demais comunguemos con rodas de muíño.

Longo, cansiño, de difícil dixestión, non sei canto vai durar de aquí en adiante, pero o que si sei é que non vai roubar máis do meu tempo, tempo de máis que xa lle dediquei tentando de compartir con todos vostedes a miña opinión ao respecto.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES