Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Uned en Vilamarín e Carballiño

viernes, 31 de mayo de 2013
A Uned en Vilamarn e  Carballio A UNED Sénior , trasladouse á província de Ourense para visitar o Pazo de Vilamarín e a Igrexa de La Vera Cruz no Carballiño.

En Vilamarín, encontrámonos co Pazo construído en dúas etapas. A primeira do século XIV como fortaleza e a segunda do s. XVIII levada a cabo polo arquitecto de A Coruña, D. CARLOS FERNÁNDEZ GAGO quen coa colaboración do Comisario de Patrimonio de Galicia, CHAMOSO LAMAS e outras persoas, consegiu que se rehabilitara como Pazo.

O derradeiro dono foi D. Xoán de Forcados que non tivo descendencia e optou por facer doazóns ás Clarisas de Monforte e tamén ó Concello; pero no ano 1975, comprouno a Deputación de Ourense e actualmente acolle a exposición permanente dos cadros dun pintor galego de gran talla: XAIME QUESADA PORTO e tamén do seu fillo, XAIME, que faleceu moi novo víctima dun dos peores males da xuventude destes tempos...

Dalí dirixímonos ó Carballiño pola ROTA DO RIBEIRO e do PAN DE CEA; onde o Profesor nos explicou a emocionante historia da construcción da igrexa da VERA CRUZ, da que tiña noticias de primeira man.

A Uned en Vilamarín e  CarballiñoFoi construída entre os anos 1943 e 1960 cando a estreitura era moi notable debido a situación da post-guerra. Iniciáronse as obras cun presuposto inicial de 17.000 ptas que se gastaron practicamente antes de comezar realmente as obras.

O arquitecto que dirixiu a obra foi ANTONIO PALACIOS de Porriño, que faleceu dous anos despois, en 1945.

Pero a ALMA MATER foi o párroco Rvdo D. LUCIANO EVARISTO VAAMONDE DA CORTIÑA que faleceu no asilo de anciáns o día 17 de abril de 1961, un ano despois de rematala.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES