Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobres

miércoles, 29 de mayo de 2013
En calquera conversación entre amigos, en calquera acto público distendido, se alguén menciona a palabra “sobre” sempre haberá quen indique que esa palabra é mellor non pronunciala, porque últimamente non está moi ben vista.

Eso que sempre houbo sobres que circularon polo mundo con mensaxes postais ou con diverso contido. Eso que sempre houbo sobres máis específicos que circulaban “baixo corda” por despachos empresariais ou da administración. Era algo sabido que os “sobres” movían vontades e conseguían cousas que parecían imposibles.

Pero parece como se o sistema tivera chegado ao seu punto máis elevado e non se puidera ir máis aló cos “sobres” que algún admite ter cobrado, e moitos máis calan, que circularon entre membros do Partido Popular como sobresoldos.

O tema non ten a maior importancia se a procedencia do diñeiro é lícita e aparece reflectica na contabilidade do Partido e nas declaracións dos perceptores, pero non acabamos de ter a evidencia clara – a confianza- de que nada hai que ocultar no sistema de retribucións complementario para xentes cunha especial responsabilidade.

Que outra cousa é que eses importes resulten ostensiblemente desproporcionados cos soldos medios do país, pero a esas diferencias todos estamos afeitos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania