Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falar na intimidade

martes, 28 de mayo de 2013
O expresidente Aznar confesou hai tempo que falaba catalán na intimidade familiar, precisamente nun momento no que as relacións do goberno coa Generalitat eran actualidade, pero menos que agora mesmo.

Nestes momentos, as palabras de Aznar –non precisamente na intimidade- teñen cheos de desazón a propios e alleos, pola inoportunidade política das súas expresións, e polo ataque que supoñen á liña de flotación dun goberno que acumula xa abondas dificultades como para que un “dos seus” axude a desestabilizalo.

Foi a Súa Maxestade El Rei quen pronunciou aquel sonado “Por qué no te callas?” dirixido ao desaparecido presidente de Venezuela Hugo Chávez, cando se estaba a referir ao expresidente Aznar.

Neste momento ten que haber moitas persoas da política ou fóra delas que lle suxerirían se poideran a José María Aznar que calara, ou alomenos que eses comentarios os fixera na inmitidade. Ou, o que é o mesmo, dentro dos órganos do seu partido, no que segue a ostentar cargo de relevancia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES