Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lingua e os medios

martes, 19 de julio de 2005
As crónicas políticas de urxencia afirman que a conxunción Psoe-Bng, que vai gobernar Galicia e que xa obtivo a presidencia do Parlamento galego, só lle faltan por concretar dous temas para ter perfilado o reparto de tarefas (de poder) no goberno que ven.

Claro que se trata de dous temas sobranceiros, preocupación do P.P. nos seus anos de goberno, preocupación tamén e moi importante no que o vai suceder.

O da lingua é sabido que é materia de primeira necesidade, tema irrenunciable, factor imprescindible para o Bng. Non tanto para o Psoe, que pola súa vocación nacional non parecía -Alomenos algúns dos seus máis destacados expoñentes- ter demasiada querencia polo galego, pero chegados a este punto, non é posible facer renuncias a priori en relación cun tema que vai ter importancia suma na forma e no fondo nos próximos tempos de Galicia.

O dos medios informativos, xa se sabe.

Dunha banda, os medios propios. Quen posúe un medio, do xeito que sexa controla as mensaxes que difunde.

Doutra, os medios alleos, sempre dependentes, porque a dependencia económica é a peor -ou a mellor, según como se mire- a efectos de vinculación "afectiva", tamén no mundo da comunicación.

A lingua e os medios, pois, elementos da primeira orde, son -segun se dí- as únicas barreiras que quedan para que Galicia conte cun goberno estable.

Barreiras seguro que perfectamente salvables porque cando un quere dous non reñen, e hai materia abondo que compartir aínda que sexa tan sensible como as dúas mencionadas.

A fin de contas, estamos falando de "formas": Do idioma no que se facilitan as mensaxes, e das canles polas que se transmiten. Se están de acordo no fondo, o que falta caerá polo seu propio peso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES