Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O bálsamo madrugador

lunes, 27 de mayo de 2013
Empezan as mañás nas que dá gusto mirar cara ao ceo. Mirar uns minutos antes, un chisco antes de que o sol saúde ao día. No meu caso, a mellor perspectiva chega cando subo para o alto de Piúca.

Dende alí, e mirando cara á serra do San Mamede, o espectáculo faise omnipresente e virtuoso, principalmente cando hai nubes que fan de paraugas sobre os picos da serra.

As cores empezan a bailar segundo pasan os minutos, que tan só soñas con ter naqueles momentos unha cámara de fotos ou de vídeo para poder gravar a auténtica fermosura.

É neses momentos cando pensas que madrugar non é tan só unha obriga, que bendita sexa esa hora na que o sono aínda pesa nas pálpebras con tal de contemplar tan fascinante espectáculo.

A partir de agora, cando as nubes asoman máis veces ca nunca, os amenceres serán o bálsamo madrugador para este mortal.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES