Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cámaras de Comercio

martes, 21 de mayo de 2013
En tempos, a Administración considerou necesario que houbese alomenos unha Cámara por provincia para fomentar temas relacionados co comercio e a industria, e nos casos de provincias con mar, navegación.

Para que puidesen cumprir os seus fins e ter o necesario poder económico, dotounas de financiación proporcional á facturación dos seus asociados, que ao ser de obrigatoria participación, deveu nunha parte proporcional da facturación global dos negocios de cada provincia.

Chegaron así a ser entidades poderosas, que tiñan garantidos os seus ingresos polos mesmos procedimentos que as entidades oficiais, con igual poder coercitivo para poder proceder contra os seus debedores, e polo tanto apetecibles lugares para empresarios destacados que loitaron intensamente por conseguir situarse no goberno destas entidades.

Pero todo rematou dun golpe cando o goberno suspendeu a afiliación obrigatoria de empresas, pola incongruencia posta de manifesto moito antes diante da existencia doutras entidades similares de afiliación voluntaria como as confederacións de empresarios.

A situación, agora mesmo, é crítica. Desasistidas do goberno, privadas do seu papel de organismo oficial, cos ingresos prácticamente desaparecidos e cunha elevada carga de persoal, a administración do estado e autonómica non queren involucrarse no tema e agardan que os empresarios –outrora tan interesados no seu goberno- queiran participar na súa salvación.

Mal panorama se vislumbra para unhas entidades que non souberon, nin tiveron ocasión, de actualizarse e buscar financiación e afiliación para cando esta afiliación deixase de ser obrigatoria. E polo que se ve ninguén vai facer ningún esforzo para que sigan existindo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania