Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As nubes que pasan

lunes, 20 de mayo de 2013
Cala, rapaz, e mira pola rañura da persiana para ver a claridade do día neste mes escuro de esperanza. A nube pasa devagariño polo río da soidade.

Cala, rapaz, e presenta a fotocopia en tres dimensións para que un veciño calquera observe o discorrer da vida pola beirarrúa dereita. Queda en silencio, rapaz, e deixa que os ruídos das nubes que pasan fagan ruídos, aínda que pasen silenciosas e non sintas nada.

O ceo, o firmamento é tan inmenso que todos os ruídos se perden no silencio.

Cala, rapaz, e non me mires con esa cara de pampo, pois o vaivén dunhas liñas escritas e con significados retorcidos non son quen de parar esas nubes que pasan. Detrás dunhas aparecen outras e detrás destas o ceo queda limpo como unha patena. Cala, rapaz, e deixa de mirar cara ás nubes que pasan.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES