Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portugal, por fin

viernes, 17 de mayo de 2013
O Parlamento Galego atopou esta semana o mellor xeito de celebrar o Día das Letras Galegas aprobando por unanimidade a iniciativa “Valentín Paz-Andrade” para vencellar o idioma galego co portugués e posibilitar que os rapaces galegos poidan estudiar o idioma dos máis inmediatos veciños.

No tema dos idiomas neste país sempre pretendemos ir ao práctico. Se primeiro se estudaba francés, parece como se logo se considerase que o inglés era máis universal e o francés deixou de estar “de moda educativa”. E por eso recentemente se adoita estudiar chinés e alemán, un por ser o idioma dunha potencia emerxente e o outro porque Alemania é un valor seguro –suponse- á hora de acoller traballadores foráneos.

E ninguén pensou nunca no portugués, idioma dos irmáns do sur, tan pobres ou máis ca nós, que non valía a pena aprender por falta de utilidade, e porque xa abondo tiñamos co galego. E así vivimos séculos, de costas a Portugal, sen entender que somos a mesma xente, que podemos entendernos e traballar xuntos, que son os nosos irmáns de máis aló do Miño. Que se dalguén podemos botar man é precisamente dos veciños portugueses.

E nestas que celebramos o Dia das Letras Galegas, celebración que cumpre medio século en data na que se cumpren cento cincuenta años de que Rosalía publicara os seus “Cantares Gallegos”, e que aos catro grupos políticos do Parlamento Galego lles da por votar afirmativamente unha proposta para que o idioma portugués se estudie nas escolas, que a televisión portuguesa poida verse en Galicia, que Galicia pode integrarse na comunidade de paises de fala portuguesa, que Galicia e Portugal poidan, en fin, reencontrarse, e comprobar que o Miño non separa senón que pode unir para sempre.

Reconforta que os nosos políticos, de todas as cores, poidan poñerse de acordo nunha proposta de futuro, con sentido común, con “sentidiño” – que é o sentido común dos galegos – que confiamos en que resulte de gran transcendencia para o futuro dos dous países, Galicia e Portugal, e por extensión España e Portugal, que hasta agora só teñen en común unha “eurorexión” pero poden e deben esperar moito máis.

Parabéns para todos. Esto si que é celebrar o “Día das Letras Galegas”, mirando ao futuro; mirando a Portugal.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES