Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen teme ao voto feroz

jueves, 16 de mayo de 2013
É barómetro e non termómetro o que o Cis efectúa periódicamente para tomar a temperatura social en España ou para comprobar como soplan os ventos, con que forza e con que dirección, e axudar así a gobernantes e gobernados a saber se “la nave va...”.

Se fose termómetro ese cálculo periódico, arroxaría temperaturas caldas propias do verán máis rigoroso, pero polo de agora é barómetro e fala de tendencias de voto, de valoración de políticos, e de repercusión da acción política –ou da inacción- entre o electorado.

Poden decir as enquisas o que queiran, que os votantes teñen piñón fixo e é moi difícil que cambien a súa tendencia segundo se obtén dos últimos datos nos que o Partido Popular baixa en intención de voto pero o PSOE baixa máis, co que a diferencia a favor do Partido Popular é na actualidade de case seis puntos.

Se os dous partidos maioritarios seguen nesta tendencia baixista, aínda que polo de agora non sexa demasiado ostensible, poden repuntar outros partidos ata agora maioritarios co que xa non sería a alternancia entre dous partidos como ata agora resultou senón que entrarían en escea novos protagonistas creando unha situación parecida á italiana, onde foi moi difícil formar goberno pola dispersión do voto útil resultante.

Non hai, de todas maneiras, unha gran preocupación no estamento oficial pola baixada na tendencia de voto, sabendo que os electores somos difíciles de cambiar e cando chegue o momento apostaremos polo voto útil que, sexa cal fose, resultará útil para algún dos partidos maioritarios.

Pero que non se confíen demasiado porque, se esto segue así, ao mellor calquera día aprendemos a votar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania