Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Congreso

lunes, 13 de mayo de 2013
Foi un 23F de hai trinta e dous anos cando un continxente da Garda Civil entrou no Congreso dos Deputados e interrumpeu a sesión de investidura do que ía ser Presidente do Goberno, Leopoldo Calvo Sotelo.

Xustificouse a falla do sistema de seguridade en que ao vir vestidos co uniforme regulamentario as que se supoñían forzas do orde pensouse que viñan solucionar algún grave problema, quizais un atentado terrorista. E o tema pasou á historia deste país como unha das páxinas máis negras da nosa vida en común, pero tamén como un revulsivo para entender o que non era posible admitir en ningún caso.

Durante estas tres longas décadas seguimos a considerar que, a pesar daquela mala experiencia, o Congreso dos Deputados é –como é xusto e necesario- un dos lugares máis seguros de España, xa que nel se exercen algunhas das funcións máis importantes da democracia, como é o poder de lexislar.

E de repente resulta que para protestar, como é costume e como é a misión de Green Peace na defensa da natureza, membros desta organización conseguen subirse ao teito do edificio do Congreso coa maior naturalidade do mundo.

Deixemos aos que entendan de normas que diluciden se é correcto ou non invadir a parte máis alta do edificio do Congreso, para quedarnos no ridículo que supón para a Institución, especialmente para o seu servicio de seguridade, que alguén poida subírselle físicamente aos hombreiros e a testa sen que ninguén o advirta e lle poña coto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania