Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E loado sexas ti, Meu Señor

jueves, 09 de mayo de 2013
Diante do día de San Xoán de Avila

No colo da miña nai escoitei que morreras por min e aínda é hoxe o dia que creo en Ti. E mesmo por iso, veño renovar diante de Ti a fidelidade.

E loado sexas Ti, meu Señor, polos 29.574 días da miña vida persoal e polos 18.758 de miña traxectoria sacerdotal. Son 50 anos e xa máis uns días.

E loado sexas por todas as criaturas. Pola miña aldeíña de Roca, humilde, pobre e sinxela, na que eu nacín e que non vén nos mapas importantes. E polo pai que nos criou con amor e pola nai a quen non lle cheguei a saber o rostro. Polo tesouro da lingua galega que desde neno aprendín en familia e na parroquia. Con ela me abrín ao mundo universal sabendo abrazar a todos sen renunciar nunca a ela. E por Rosalía, Castelao, e Bóveda, Curros e Pondal. E polos poetas do Seminario de Mondoñedo: Aquilino, Noriega, Crecente e Díaz Castro, o meu veciño.

Nesta loanza, meu Deus, veñen comigo hoxe a miña familia e os de Oiras e Figueiras, Ortigueira, o Couto de Xuvia, Piñeiros e o Asilo de Anciáns. Os Hospitais de Lugo e Ferrol e o Centro de Saúde de Fene. Santa Mariña do Vilar e a Escola de Teatro. Catabois e o Centro Parroquial de Anciáns. San Xoán. Marmancón, Mandiá e as Escolas de Pastoral de Saúde “Mos. Araúxo”. E a revista Encrucillada e Irimia. Francia, Madrid e Roma. Os enfermos, os coidadores, os doentes mentais, os xitanos, os pobres, os anciáns e os presos de todo o mundo cos que falo e cos que xuntos rezamos a cotío polas vítimas, polas familias, e tamén por eles mesmos no Centro Penitenciario de Teixeiro. E polos das pateras e caiucos e os que buscan patria, pan e paz. E lembro aos que bauticei, casei e aos xovens a quen orientei. A cantos entre todos fomos encamiñado aos teus brazos quentes de Pai amoroso, collidos da man de Xesús, o Cristo e Bo Pastor.

Por D.Mariano, D. Jacinto, D. Gabriel e D. Miguel. Por D. Uxío, por D. José e D. Manuel, loado sexas, meu Señor.

Por Mondoñedo e Ferrol. Pola Domus Ecclesiae e por aquel Convictorio do 1963 e 64. Polo mundo rural, labrego, obreiro e mariñeiro. Por todos os sacerdotes e cregos de todos os tempos que foron os nosos benfeitores, mestres e amigos da alma. E polos compañeiros todos, moitos xa finados. Por Xabier Méndez Pérez, Ricardo Rico Basoa, Enrique Rivera Rouco, Emilio Vilariño Vázquez. E polos ausentes hoxe e aquí: Ramón Irago Silva, Vicente Couce Ferreira, Ramón Díaz Raña, Xosé Yáñez Basanta e Xoán Cartelle Deus, (de Santiago). Nos andares da vida, houbo moitos que connosco empezaron e escolleron outros diversos rueiros. En todos eles, nos dos 60, 50 e 25 anos de sacerdotes e tamén nos que logo se foron agregando, loado sexas, meu Señor.

E loado sexas, por podermos cantar máis unha vez neste mesmo Seminario aquilo de: Iuvenes iam non sumus! Gaudeamus igitur! Alma Mater floreat, quae nos educavit caros, et commilitones dissitas in regiones sparso congregavit. Vivat Academia! vivant professores! Por todo iso, polo ben que o pasamos e polas horas duras, que tamén as houbo, e por moitas máis cousas, loado sexas meu Señor.

Santa María dos Camiñantes, Ti sempre vés connosco neste noso camiñar. Por Ela, meu Señor, loado sexas.

Tómame a min, coa miña historia, Señor. Desculpa os erros e perdoa os pecados. Renóvame por dentro con espirito firme e non me deixes nunca lonxe do teu rostro. Devólveme á alegría da túa salvación e non me quites o teu santo Espírito.
Amén.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES