Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Matrimonios políticos

jueves, 09 de mayo de 2013
Que en política non hai matrimonios por amor, está sobradamente demostrado e comprobado, pero tamén existe a crenza que é o único ámbito que permite matrimonios de comenencia, que duran o que dura esa comenencia. Comenencia que se refire a beneficios para as partes, pero tamén poden resultar beneficios para o resto da comunidade se o matrimonio se fai con sentido e responsabilidade.

Andan agora os celestinos do reino pretendendo que os dous partidos maioritarios – PP e PSOE- matrimonien para conseguir solucións de Estado unindo as forzas, as ideas e os equipos.

Un matrimonio destas características, se chega ó seu establecemento en grado máximo podería chamarse Goberno de Salvación, habendo moitas outras fórmulas entre as que se encontran os chamados “Pactos de Estado” para conseguir solucionar problemas graves e urxentes.

Se ata o Rei anima aos líderes máximos dos dous partidos a pactar políticas que permitan loitar contra o paro, nada debería extrañar que os analistas e os mesmos partidos estudien posibilidades de chegar a unha postura común, a pesar de que uns consideran estar en posesión da verdade –ademáis teñen os votos- e os outros pretenden que se varie de forma radical a traxectoria que segue o goberno do PP.

Non parece haber vontade de consenso pois ningún achegamento se aprecia nas palabras e nos feitos dos representantes dos dous partidos maioritarios. Polo de agora, non hai matrimonio. Ningunha das partes parece ter interese.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES