Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pregaria a Maio

miércoles, 08 de mayo de 2013
Maio longo, maio longo
Todo cuberto de rosas
Para uns telas de morte
Para outros telas de vodas
(Rosalía de Castro)

Chega Maio longo e con el a época na que agroman os eidos, e a ledicia dunha reverdecida paisaxe goberna os corazóns. Maio longo é o mes do sorriso, da primeira calor que descobre os corpos, e de expoñerse a unha luz anovada que esperta os sentidos. Maio longo fai agromar os eidos, dálle luz ás chorimas e esperta os camiños para que as nosas almas se empapen da pureza da paisaxe.

Con Maio chegan os Maios, e con eles ledicias ben fondas que sacralizan o entorno natural que nos é propio. Pero este Maio do 2013 virá ateigado de incertezas, de perigos e medos que nos fan sentir vencidos, dependentes dunha caste que se cre con dereito a velar polo noso continuo desastre, enmascarando os seus crueis consellos en macroeconomía intelixible, que nos fai sentir cada vez peor. Mais eles non poden roubarnos a esperanza se nós non nos deixamos, porque a nosa esperanza de pobo está no espírito resiliente que temos máis que demostrado.

De nada nos vale chorar sen erguernos ante a inxustiza, a mentira e a falsidade. Sabemos que non merecemos un Maio triste, como sabemos quen son aqueles que si merecerían non ter Maio, polo tanto temos dereito a elevar unha pregaria a ese deus terrorífico chamado Troika por
“Un maio sin segas,
Usuras nin preitos
Sin quitas, nin portas
Nin foros”

Coido que temos ben merecido vivir sen medo. Coido que temos ben merecido o dereito ao benestar e ao futuro. E coido que non merecemos ser escravos de espoliadores sen rostro que gozan de total impunidade. Cando todos medremos coma eles, cando non nos quiten o pan e os nosos eidos florezan por igual
“chegado habrá estonces
o maio que eu quero”

Como deixou dito o civismo de Manuel Curros Enríquez.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES