Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viños e licores

martes, 07 de mayo de 2013
Xunto con “ultramarinos” o de “viños e licores” era un ramo da alimentación que predominou no noso país antes de que se inventasen os supermercados, as grandes superficies, e toda unidade comercial da alimentación que supere o tamaño atendible directamente por unha sóa persoa.

Viños e licores constitúen o último problema político que se suscita nos nosos lares, centrado en Ourense, por consumo efectuado polo grupo municipal socialista con destino a dúas festas privadas.

Noutro tempo, o caso non xeneraría o menor problema, pero neste momento económico e político, no que todo se mira con lupa especialmente as contas que presentan os políticos e os seus grupos, o que podería ser un gran de area é unha montaña, a falta quizais doutros temas que levarse ás ágoras políticas que máis que nunca andan revoltas.

As contas particulares permiten perfectamente mercar calquera tipo de sustancias legais para celebrar o que corresponda. Pero cando os fondos son públicos é outra cousa, especialmente se estamos nun tempo de despertar conciencias e imos formando un marco no que colocar o que se debe e non se debe facer nas institucións públicas.

É sólo un pequeño detalle que ata hai pouco non chamaría a atención. Agora, é noticia. Ao mellor é para ben, e desde agora as cousas – e os gastos- hanse pensar mellor, por temor ás consecuencias.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania