Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E se non tivesen razón?

lunes, 06 de mayo de 2013
Os nosos gobernantes prémennos con dureza para responder ao que se agarda deles en instancias superiores europeas. Recortan todo tipo de percepcións, de servicios, de beneficios e aumentan impostos co que agardan de nós que sexamos capaces de resistir nas peores condicións, demostrando que era moi doado o noso vivir ata entón, e que razón hai para seguir esprimíndonos para obter aquelo que podemos dar.

Todo eso en base a cálculos moi ben efectuados nas institucións europeas, e mesmo baseados en sisudos e fondos estudios económicos universitarios, que apuntarian na dirección de que os europeos do sur – os españois, no caso que nos afecta – non poden ter unha débeda descomunal, comparable ao producto interior bruto do seu país, sen que todo se desmorone e comece a recesión.

Neste principio así establecido, seriamente establecido ou en broma, aséntase todo o conxunto de decisións oficiais que a UE ten establecido, e que a todos nós nos provoca esta sensación de afogo, que é moito máis ca unha sensación.

E se non tivesen razón?, cabe preguntarse. Porque a economía non é unha ciencia exacta – máis parece unha arte- e pode haber numerosos factores que inciden. Máis, neste caso, cando parece que os economistas promotores da idea, abrazada con entusiamo polo núcleo duro da Unión Europea, se equivocaron, falloulles o programa informático, e nada hai seguro nos seus plantexamentos.

Todos os nosos agobios, os nosos problemas económicos, os recortes do goberno, os peches de empresas, os despidos, os Ere..., ao mellor, non teñen razón de ser porque toda a doctrina está baseada nun estudio que ten profundos erros.

Cousas coma esta fannos dubidar de case todo, especialmente do sentido común dos gobernantes, que se empecinan nunha postura en base a estudios e consellos e logo resulta que non hai bos conselleiros nen estudios nos que fiarse.

E se non tivesen razón?. Parece que non a tiñan. Pero o que hai que preguntarse é: Agora, que?. Poque hai cousas que teñen amaño, decisións de renovar, caídas que endereitar... pero as mortes, a miseria, o sufrimento e a desolación/desilusión, non hai quen as amañe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania