Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Muller Impactante

jueves, 02 de mayo de 2013
Corenta e dous anos na vida dunha persoa son moitos anos.

En corenta e dous anos pasan moitas cosas e dan para moito.

Eu levo corenta e dous anos tratando a unha muller que co seu bo facer impactou na miña alma e téñoa entre unha das máis admiradas, das máis apreciadas e das máis valoradas.

Ela é catalana, eu son galega. Sepárannos máis de mil kms. pero as nosas almas están moi irmanadas.

Coñecémonos sendo alumnas dunha universidade catalana e ós poucos días de comeza-lo curso xa empezamos a tratarnos.

Falamos idiomas distintos.
Ó principio empezamos falando nun idoma común: a lingua de Cervantes; pero actualmente ela fálame en catalán e eu fálolle na língua de Rosalía.

E entendémonos perfectamente. ¿Que lle parece?

Somos como dúas irmás e falamos linguas irmás.

¿Bonito, verdade?

Pois é ben certo.

Preguntarase vostede por que impactou tan forte a súa personalidade na miña vivindo tan distantes e tendo culturas tan diferentes.

Intetarei explicar tan brevemente como poida os rasgos máis destacados desta persoa:

-Naceu nunha familia numerosa de labradores: son oito irmáns e outros varios que adoptan como se do seu sangue se tratara cada vez que se presenta a ocasión.

-Ten varias carreiras, pero –tome boa nota- para paga-los estudios do bacharelato...¿Sabe como facía?
En horario nocturno facía a limpeza do clolexio a onde asistía como alumna polo día.
Polo día era alumna e pola noite, limpadora. Pagaba as clases co seu traballo.

-É unha muller extremadamente sencilla: viste moi pero que moi sencillamene, come sencillamente, vive sencillamente; pero ama intensamente.

-Calza moi sencillamente. Nunha ocasión vina con dous zapatos do mesmo pé que eran de pel moi boa.
Comprounos a prezo regalado nun mercado porque eran do mesmo pé. Pero ela non se inmutaba. Andaba feliz pola rúa e cando alguén lle advertía que levaba os dous zapatos do mesmo pé , explicaba a razón con absoluta naturalidade.

-No seu corazón caben todo tipo de persoas: as cultas, as incultas, as brancas, as negras, as crentes, as ateas, as do país, as extanxeiras, todas, incluída unha galega coma min.

-Vai pola rúa repartindo apertas entre o vecindario: a homes, a mulleres, a cataláns, a inmigrantes, a brancos, a negros, a novos, a anciáns... É moi apreciada por moitísimas persoas.

-Está casada cun catedrático de universidade co que tivo cinco fillos e tenme dito que aínda cabía un máis á mesa, pero non chegou a tempo, porque a natureza non o quixo.

-Na súa casa é raro cando non hai algún “hóspede” imprevisto. Eu son unha máis pois podo chegar alí a calquera hora do día ou da noite. ¡Que xa é dicir!

-Nunha ocasión acolleron a un neno do Sáhara que estaba tan ben naquela casa que lle chamaba: “MARE” (mamá).

-Noutra ocasión vin o salón cheo de colchonetas con rapacería dormindo unha fin de semana.

-Á hora de poñerse á mesa, bendícea e -cando os fillos eran pequenos- dicíalles que compartiran cos amigos como se foran irmáns. Esto oínllo na miña propia casa, nunha das poucas ocasións que me visitaron.

¿A cantas persoas se oe dicir algo así?

-É unha muller de igrexa, pero extremadamente respetuosa co resto dos humanos.
Di que cada persoa é un mundo e compréndea perfectamente aínda que non pense igual que ela, porque non lle costa caro ningún vestirse coa súa pel.
Métese na pel das persoas como se da súa propia se tratara.
Eu síntome moi comprendda na súa compañía.

-A súa nai chamábase María e a súa tía paterna, tamén. Compartían todos o mesmo fogar.

Á nai apenas se a recordo, pero á tía paterna coñecina na súa ancianidade cando xa estaba rematando a súa estancia entre nós.

Lembro con moitísima admiración pola miña parte, como se turnaban tódolos irmáns (cinco homes e tres mulleres, todos casados e con fillos, menos unha) para leva-la tía tódalas tardes a pasear e máis á misa.
Sobre todo o que máis me impresionaba era o esmero e o cariño con que a trataban.
¡Cunha dozura…! ¡Canta tenrura! ¡Canta delicadeza!
¡Que família! ¡Pero, que familia!

Cando faleceu a tía, a miña amiga -María Dolors- pasou a chamarse, simplemente “MARÍA”.

Eso no terÍa maior importancia se non fora a razón pola que pasou a chamarse “MARÍA” e deixou as “Dolors” a un lado.
Di que a vida, dolores xa ten abondo. A ela traballos non lle faltaron.

A min explícame todo. O cambio de nome foi porque ela quere ser SANTA coma súa nai e coma súa tía e faille ilusión chamarse como elas.

Podería dicirlle moitísimas cousas da vida da miña amiga pero xa pertencen á esfera da súa vida privada.

Só dicirlle que esta muller existe e vive nestes tempos.
Naceu na primeira metade do século XX e -se todo vai ben- aínda lle queda unha boa xeira para estar irradiando bondade e santidade entre nós.
Eso espero, porque somos dun tempo.

¿Comprende agora por que titulei este artigo como: “MULLER IMPACTANTE”?

¿Non lle parece que se merece unhas letras de recoñecemento pola miña parte?

A min, este tipo de persoas dinme moito.
-Admíroas.
-¡Quen me dera a min...!

Vostede seguramente que tamén é unha desas persoas impactantes e que coñece a moitas máis.

Eu tamén coñezo máis.

¡Que sorte a nosa!

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aqui o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES