Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aborto

viernes, 03 de mayo de 2013
De novo o aborto, por se tivesemos poucos asuntos en cuestión. Pero, claro, o tema levábao o Partido Popular no seu programa electoral das últimas Xerais, e xa que non puido cumprir nos temas económicos quererá facelo neste tema tan problemático.

Foi un impacto en 1985 a aprobación da interrupción voluntaria do embarazo nos tre supostos de violación, malformación do feto, ou consecuencias graves para a nai.

Parecia unha norma para durar séculos xa que contemplaba supostos fundamentais que inciden de xeito grave nun tema tan de conciencia coma este. Tan de conciencia para calquera, pero de responsabilidade especial da mesma nai. E hoxe, na distancia, pode parecer algo extraño aquela bandeira esgrimida de “nós parimos, nós decidimos”, pero a muller é a máis directamente afectada por un tema que globalmente nos afecta a todos.

E chegou a lexislación do 2010, coa que o PP nunca estivo de acordo, que abría a man neste tema, demasiado para moitos, pero – tamén para moitos- tendo en conta as doctrinas imperantes apoiadas polos organismos internacionais que vixían estes temas.

Que o PP agora intente modificar a situación, restrinxindo as posibilidades que a lei de 2010 facilita, entra dentro da lóxica política, que agora está no poder e pode utilizar os mecanismos legais ao seu dispor.

Pero independentemente ou paralelamente a calquera acción que emprenda, calquera goberno ten que ter en conta no mundo no que vivimos, no momento no que estamos, nas dificultades da xente para vivir, no difícil que é para unha familia – estruturada ou desestruturada- traguer un neno ao mundo. Por iso, tome as decisións políticas que queira e lle permitan os equilibrios políticos, pero debe ter en conta dúas cuestións, de maior a menor: Unha, procurar que o que agora se aprobe valla para o próximo goberno, sexa da cor que sexa, para non facer unha Lei de comenencia ideolóxica senón unha Lei util. E dúas: Loitar contra o horror do aborto da mellor maneira posible: Axudando a que os nenos poidan nacer en familias con futuro; axudando a que os nenos poidan comer, poidan vestir, poidan vivir; conseguindo, en fin, que ninguén aborte por obriga económica ou social, que bastante ten cada quen coa súa conciencia para encima facelo por outros motivos máis mundanos. E humanos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES