Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa preferimos crer a Rajoy

martes, 30 de abril de 2013
É difícil manter a fe nunha persoa cando manifesta que non cumpre o programa electoral porque se limita a cumprir co seu deber. Hai que entender esto como que o programa electoral prometido, polo que se supón que foi elexido, non lle convén a España neste momento, e o que procede é a toma das medidas drásticas que vimos soportando –sufrindo- desde que é Presidente do Goberno. Se a fe veu sempre sendo definida como “crer no que non vimos”, ter fe en Rajoy é crer nel, aínda que nunca viramos ou comprobáramos os motivos desa crenza.

E hai pouco o Presidente confiábanos que o ano 2014 vai ser o periodo no que comece a recuperación e a creación de postos de traballo, e queremos crelo. Aínda que signifique esquecermos doutras afirmacións anteriores referidas a este ano. Aínda que signifique esquecer o que firma o Fondo Monetario Internacional que asigna para este País que o paro chegará ata o vintesete por cento da poboación (Xa estamos no 26), que a recesión será máis profunda este ano, que o déficit non vai mellorarar, e que haberá que facer novos axustes.

Preferimos non dar creto ao que indica o Fondo Monetario Internacional, que saberá moito de finanzas pero non sabe da misa a medias, o que pasa por estes pagos, o que nos costa manter esta situación e a necesidade imperiosa de que esto millore.

En fin: que postos a ter fe, quedémonos con Rajoy que é do país – do país galego-, sabe de que pé coxeamos, e calquera día destos que se levante co pé dereito daralle por animarnos contandos unha historia con final feliz.

E podemos pensar que é a nosa. Aínda que tarde moito máis do que el nos ven anunciando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES