Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A guerra dos mundos

lunes, 29 de abril de 2013
A escala interplanetaria, a primeira guerra dos mundos, un clásico da ciencia-ficción , foi contada por H.G.Wells, e lanzada ao eter por Orson Wells poñendo en pé de guerra a todo un país amedrentado por unha presunta invasión marciana do planeta Terra.

Pero a guerra dos mundos que agora se aprecia non é interplanetaria, quizais planetaria si, con batallas ou enfrontamentos polo de agora larvados en cada nación ou país, sen que moitos dos seus protagonistas se dean conta da situación existente.

Hai dous mundos – un real e outro de ficción – na nosa sociedade. Hai un mundo real que é o que traballa, sofre, se desvive, é recortado, camiña polas rúas, soña cun mañá de liberdade (económica) e medio vive/medio malvive.

Hai un mundo irreal, o dos salóns suntuosos, o das alfombras mullidas, o dos orzamentos con recortes onde non producen demasiado problema, de coches oficiais, de presentes dourados e futuros sen problemas, que non ten ningún problema – o mundo e os seus integrantes- en chegar a fin de mes.

E estes dous mundos por veces colisionan, e seguen camiñar mesmo sen darse conta, sen producir derramamento de sangue, sen feridos nin luxacións, sen novidade.

E sen embargo os do mundo real danse cada vez máis conta das diferencias, e quéixanse de maltrato sicolóxico, de incomprensión, e cando teñen que opinar fano indicando que o outro mundo xa é un problema grave.

Non é unha declaración de guerra, que non estamos afeitos a guerrear sobre todo por ter vivido unha longa postguerra e unha ben longa transición que agora parece agoniar.

“si vis pacem, para bellum”di o aserto latino. Se queres paz, prepara ou prepárate para a guerra. Nesta guerra dos mundos, latente, larvada, por agora pacífica, polo de agora que se saiba non se velan armas. E alguén, con poder de dicisión ou de consello, debera tomar boa nota e facer que os mundos se xunten, que as diferencias se aminoren, que a guerra desapareza do hourizonte. Polo ben de todos, especialmente dos máis teñen que perder.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania