Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traballar desde a casa

viernes, 26 de abril de 2013
Hai xa máis de trinta anos, a Administración española puxo en marcha un proxecto para controlar o traballo dos funcionarios, consistente en conectar electrónicamente as máquinas de escribir eléctricas dun grupo de traballadores para determinar o grado de cumprimento de obxectivos, e o traballo de cada un dos participantes no experimento. Era un primeiro paso para conseguir levar o control do traballo a distancia ou, o que ven a ser o mesmo, para que se puidera traballar a distancia.

Así que o que agora parece tan moderno e novo de que os funcionarios da Xunta de Galicia poidan traballar desde a súa casa dous días á semana tampouco chama a atención porque é a evolución lóxica dun traballo que non ten porque ser presencial, a menos que se trate dos funcionarios de atención directa ao público.

Neste caso trátase dos funcionarios que efectúen estudios, informes, tratamento de documentos, análise de sistemas ou traballos similares, que non importa o lugar onde se efectúen xa que é perfectamente posible evalualos e entender o tempo que o funcionario dedicou á súa elaboración.

É curioso que se obrigue ao funcionario a procurarse un ordenador, lector de tarxetas, acceso a Internet e un móvil, e resulta do máis natural que teña que estar disponible en todo momento por se é chamado á oficina por necesidade do servizo.

Traballar desde a casa, cos modernos medios ao dispor da Administración, resultará o feito máis normal moi axiña, e a Administración pode rendibilizar ese sistema aforrando en instalacións, calefacción e outros investimentos.

Así que non se entenda esta novidade como un favor que a Administración lle fai ao funcionario, e que este vai resultar especialmente beneficiado. Será unha situación nova, onde ambas partes poden resultar beneficiadas e o traballo farase a vontade do traballador no momento en que mellor lle acomode. E como aos administrados non lles perxudica senón que á larga os beneficia, todos contentos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES