Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un banco por un euro

jueves, 25 de abril de 2013
Fálase da operación como se fose un logro importante por parte de alguén do goberno, e posiblemente o sexa ter conseguido vender un banco como o Banco Gallego, pola suma dun euro de curso legal.

Nesta incomprensible loita oficial por sanear a banca a costa de todos nós, o goberno por fin conseguíu que alguén merque un banco en funcionamento, que leva un nome tan eufónico como Banco gallego, herdeiro daquel antigo Banco de Crédito e Inversiones, para seguir traballando, tendo unha importante cota de mercado en Galicia e vendéndonos a moto para que esteamos tranquilos e contentos.

Para non ter graves problemas, o Banco Gallego xa tiña percidido do goberno a cantidade de oitenta millóns de euros, precisando agora só douscentos corenta e cinco millóns para poder ser vendido por un euro. Nestes casos, nos que se manexan con tan tremenda alegría as cifras de millóns de euros, conviría saber que para conseguir parte dese importe, en concreto preto de douscentos millóns de euros, o banco vai canxear preferentes e débeda por accións do banco adquirente – Banco Sabadell- obtendo esa sustanciosa diferencia, e así xa se pode facer a transferencia coa que o Banco Sabadell obtén en Galicia unha magnífica plataforma de negocio que non tiña e pola que estaba suspirando.

E todo, por salvar o negocio bancario, que parece o corazón da nosa democracia, do Estado español, e do noso xeito de vivir. ¿qué pasa se cae un banco?... En tempos era unha traxedia, e non hai máis ca lembrar a galega Banca Romero que nos anos vinte dos pasado século trouxo a ruina a innumerables paisanos nosos. Pero na actualidade non pode darse algo así, que para eso hai un Fondo de Garantía de Depósitos, unha especie de seguro, para que os depósitos bancarios sexan seguros e non sexan nunca un problema para os depositantes. Eso, se non se produce algunha intervención extraña da Unión Europea, que entón parece que nada hai seguro.

Poden estar contentas as nosas autoridades económicas: O Banco Galego xa vale un euro, despois de todo tipo de investimentos e operacións. Se todo está tan mal deberían decírnolo aínda máis claramente para evitarnos máis sofocos e incertezas, para saber a que carta quedarnos.

Porque diante de operacións coma esta temos a sensación de que nos toman por tontos, e que xogan co noso diñeiro os que non teñen nin a menor idea das reglas do xogo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES