Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chavismo sen Chávez

miércoles, 24 de abril de 2013
Aquí temos a experiencia de que o franquismo sen Franco non durou moito tempo. Pois en Venezuela co chavismo parece que vai pasar o mesmo.

Certo que aquí saíamos dunha longa postguerra e calquera entusiasmo bélico, fose do signo que fose, estaba ben calmado mentras que en Venezuela parece haber un clima de confrontación onde non hai termos medios e a convivencia preséntase difícil.

Unhas eleccións como as celebradas poden traer consigo discusión polo “carreto” de votos, polo emprego da influencia do poder, polo aproveitamento dos recursos e medios públicos. Pero parece que as cousas van moito máis alá, e o estado de opinión non se tranqjiliza pola celebración dunhas eleccións.

A resposta intemperante a unhas palabras nas que o Ministro español de Asuntos Exteriores gardaba as formas, a ausencia do Príncipe de Asturias na toma de posesión do novo Presidente, a presencia de milleiros de venezolanos en España e de milleiros de españois en Venezuela, fan temer pola relación futura pero tamén obrigan a dialogar e manter o diálogo amistoso por riba de calquera outra consideración.

O tempo iranos marcando a pervivencia do chavismo sen Chaves, especialmente cando se empecen a tomar as medidas impopulares que a economía do país require. Ao mellor temos unha óptica equivocada, pero todo nos fai pensar que o chavismo como ceremonia funeral do lider desaparecido ten os días contados, e que Venezuela ten que reinventarse nos próximos meses para labrarse un futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES