Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Xistral sangra

miércoles, 24 de abril de 2013
Endexamais pensei que se atrevesen a ferir o Xistral, o teito sagrado da Chaira. Un delito grave, denunciado por Adega e xulzgado na Audiencia de Lugo, que paralizou fai anos esta canteira sen permisos. É moito máis ca espir un santo para vestir outro. Están a destruir o país. Este monte é a Nai-Pai que integra a Terra Chá co Eume, tan ligados xeografica e historicamente.

O fundador de As Pontes foi señor de Guitiriz, e Andrade, o Bo, non arruinou a pedra, pola contra con respecto, propiciou a construción de pontes, igrexas, castelos, o seu sartego en Betanzos, o máis belo feito en pedra de Parga…, visteu e humanizou a paisaxe, imprimindo unidade a toda esta rexión: As Mariñas, o Eume, a Chaira… Pero agora os potentados arrampan con todo, sen pedir licencias. Non só arrincaron parte do corazón do Xistral, feriron o seu manancial de lendas, paisaxe…

Matinaban que todo o que fose cubrir de gloria o mausoleo de Gaiás, era permitido. E veciños de Muras, descolocados e vitimas da aldraxe dos que deturpan a xeografía, o disculpaban pois ignoran por qué a Xunta os introduciu na Chaira, descoñecendo a grandeza do Xistral e os versos de Manuel María: “Nestas soidades nidias do Xistral/…, eu só son/ unha palabra, un chío, un case nada/ varrido polo vento e pola chuvia”, e porén foron tan permisivos. Esta labazada no rostro do Xistral, un santuario natural, pareceume unha blasfemia contra o Deus fonte da vida.

É arrepiante que acoitelen este fito do patrimonio, monumento natural, para vestir coa súa cuarcita a Cidade da Cultura. Alguns dos encausados son a familia Campo, a do exalcalde de Ortigueira, Antonio Campo, amigo de Manuel Fraga, benefactores doutras obras, como a lousa dalgunha igrexa…

Nunha dinámica de compadreo de favores que tamén acaeu a Xunta de Fraga, subvencionando a mans cheas o Festival de Ortigueira e deixando morrer o Intercéltico de Vigo, Guisamo, Cantareliña, a Festa Valura, etc., que naceron á par. Xesús de Nazaré denunciaba os sepulcros blanqueados. Isto cheira a podredume, non se poden promover caprichos, deixando polo medio un camiño de cadavres. Non hai cultura de primeira e segunda.

O xigante do Xistral non durme, e o espírito do noso pobo está alerta e agarda que se faga xustiza, restituindo a saúde a unha paisaxe ferida de morte.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES