Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Das homilías do Pai Andrés (IV)

lunes, 22 de abril de 2013
D A S H O M I L Í A S * D O P A I A N D R É S**, 4

(Quero suliñar hoxe que, inda que esta versión parcial das Homilías pretendía ser o máis fiel posible, non pudo selo máis alá do meu entendemento. As pequenas modificacións habidas non son outra cousa que intentos de compresión e comprensión -moi lonxe de calquera ridícula emenda literaria-.

En canto á selección dos testos, recollín os que parecéronme máis apremiantes.

Inda que non sei moi ben porqué, todo isto fíxenno sen o coñecemento previo do Pai. Algo que non entendo moi ben impediume perturbar dalgún xeito o fluído e puro decorrer do súa palabra).

6/9/1009 (o domingo dos Xordomudos)

Xesús acaba de curar a un xordomudo e, a propósito delo, don Andrés comenta que, tamén pra os que non oen, a RTVG proxecta textos que lles permiten seguir a misa i estar connosco no Credo, no Gloria, nas lecturas e nos Evanxeos completos, etc.

Todo elo responde a unha necesidade natural de chegar ós que non poden ouvirnos nin falarnos. O Pai felicita pois a tódalas persoas e asociacións dedicadas a isto e tamén a tódolos xordos que se esforzan por integrarse, por liberarse entre nós.

”E os demáis, todos nós, ¿qué temos logo que facer?” –se pregunta agora don Andrés-

“O que temos que facer é o que fai Xesús –se contesta-. O primeiro, tocalos. O evanxelista Marcos sempre está insistindo nisto. Pero Xesús non só os toca senón que se molesta ademais en meterlle os dedos nos oídos,-incluso lles da do seu propio cuspe. É dicir, que non ten medo ó contaxio -agora que todos andamos co iso da gripe A-. Xa sei que hai que ter hixiene, lavarse as mans etc. –só faltaba- pero sen medo a relacións que, análogamente ás apertas ou ós apretóns de mans, son inequívocas sinais de proximidade e afecto”.

“Pero é que, ademais, Deus está preocupado pola nosas variadas xordeiras. Por iso mandounos ós Profetas e ó seu propio fillo, para salvalas distancias. Porque a xordeira non é a única condición distante do home”.
“Neste senso, a carta de Santiago é tremenda. Así que chega aquí alguén moi condecorado, moi vestido e tal, e nós dicímoslle: non, mira, ti tes aquí un asento preferente. E logo chega unha persoa vestida con farrapos, malamente, e ninguén lle fai caso e se queda por aí”.

“Creadas polo home hai pois outras distancias que tamén hai que tocar. Porque ¿qué facemos cos pobres, cos discapacitados, cos estraños, cos inmigrantes, cos que nos chegan de novo ?”.

“Hai que salvar toda clase de distancias,sí, pero somos nós os que temos que dar o primeiro paso”.

“Hoxe, neste altar, Xesús pola súa parte salva distancias converténdose en pan para nós ¿qué máis facilidades de aprendizaxe pódensenos dar?”

6/6/2010 (o domingo da Enchenta)

O pai Andrés lee o pasaxe de San Lucas en que Xesús, compadecéndose ó anoitecer de cinco mil desprevidos ouvintes, manda ós seus discípulos que lles dean de comer multiplicando milagrosamente os cinco bolos de pan e máis dous peixes que tiña. “Comeron todos a fartar e coas sobras encheron ainda doce cestos” –cita o Pai-.

Relacionado con isto, don Andrés mostrase moi impresionado pola humildade con que a xente soe pedir a comunión. “Pídenna coma un pobre cando pide comida, estendendo a man, declarándose indignos i esperanzados. E así reciben o seu regalo, un regalo difícil de comprender, un regalo de amor: o Seu corpo innumerable.

O Señor dásenos gratis, a encher, coma no evanxeo.


13 / 6 / 2010 (o domingo do Perdón)

Fermosa música hoxe, esta que nos acolle do grupo Gaudete. Agarimosa, humilde música que perdoa e fai máis desculpable a culpa.

Curiosa casualidade tamén a de hoxe: San Pablo se dirixe por carta ós Gálatas, ós “galegos” aqueles que avanzando dende o Caspio perdéronse logo en Galatia (Turquía) -igual que en Galitzia (Polonia), Galich (Rusia), Galatz (Rumanía), Galias (Francia), Gales (Inglaterra), Galicia (España), Bretaña, Escocia, Irlanda e tantos outro sitios- Pode pois que esta carta, inda que un pouco retrasada, ainda poda axudar algo a nosa litixiosidade. Porque ¿a quén de entre nós non se lle ocorreu xa pensar, algunha vez, que a legalidade (a Lei) pode ser inxusta? Pois escoiten vostedes agora a San Pablo, fai dous mil anos: “Pola la Lei non se vai xustificar ninguén, pois, se así fora, Cristo tería morto para nada.”***

Non sei o que dirá o Pai Andrés desto pero semella que, fora do seu importantísimo contido relixioso, esta carta déixanos tamén un amplo eco cara a verdadeira moralidade cristián -en parte xa laica e amplamente aceptada-.

No episodio evanxélico de hoxe se conta cómo, ante a mirada atónita dun fariseo*** e dos seus amigos, Xesús consinte en que unha muller pecadora lle regue os pes coas súas bagoas, llos seque cos seus cabelos e únxalle a cabeza con perfume de mirra. Decatándose Xesús da crítica ollada do fariseo, pregúntalle quén, no caso de dous deudores de moi distinto monto que foran perdoados polo seu acredor, quén dos dous agradeceríallo máis. O fariseo supón que aquel que máis lle debera. Xesús móstrase de acordo e dálle a entender entón o que fai a muller neste caso: que, sendo a que máis lle debía, era tamén a que máis agradecíalle o perdón, unxíndoo e chorando, mentres que o fariseo non lle dera nin auga para lavalos pes na súa casa. ”E Xesús dixo: moitos pecados se lle deben ter perdoado cando mostra tanto amor. A quen pouco se lle perdoa pouco amor da. E dirixíndose a ela añadíu: Os teus pecados te son perdoados. Salvoute a túa fe. Vai en paz”.


Respecto a este pasaxe, Don Andrés comenta que hai tres miradas:
“A mirada do fariseo,Simón, que non ten o corazón preparado para comprender. É o seu un mirar xulgando, un mirar condenando, un mirar -como o noso moitas veces- sen poñerse no caso. Un mirar sen ver”.
“Outra mirada é a da muller, que non ten máis que un obxectivo: o de estar con Xesús, poñérselle ós pes, regarllos coas súas bagoas, mostrarlle que lle está agradecida –inda non sabemos ben porqué-, que o quere, que para ela Xesús comeza a ser algo decisivo. É unha mirada que xa non repara noutra cousa que na fe, na gratitude e no amor.”

“E por fin a mirada de Xesús que comprende, perdoa e que incluso intenta axudar ó fariseo a comprender e perdoar -se fora o caso-. A mirada de Xesús é a que nós deberíamos ter: saber ser máis comprensivos, acolledores, aceptadores; saber abrir os brazos; facilitarlles o camiño as persoas que, polas dificultades da vida, se sintan lonxe de Deus ou lonxe noso; saber perdoar. Xa o Señor nos avisa: aquel de vos que non perdoe, non poderá ser escoitado.”

“Como aquela chorosa muller, nos, a Igrexia enteira, estamos compostos por persoas que pecamos pero que, ¡ogallá!, queremos tamén poñernos ós pes do noso Señor e sentirnos aceptados por el. Así que hoxe, coa axuda do Santo Antonio, que tan ben falou da acción renovadora do espírito Santo na Igrexia, pedímoslle o Señor que nos axude a ter a súa maneira de mirar”.


3 / 7 / 2010 (o domingo da Axuda)

O impredicible Pai Andrés inicia hoxe a súa Homilía enfatizando a primeira lectura dominical do Profeta Isaías -o máis grande dos Profetas-. Nela, antes de Cristo, oéase xa a PALABRA -unha palabra tamén directa de Deus-: “coma unha nai que consola ó seu meniño así vos consolarei eu”. O Pai Andrés di que isto faille evocar a entrañable escena dun bautizo que celebrara fai pouco, o bautizo dunhas xemeliñas, unhas pituquiñas pequenas, Pepa Alba e Lola, que daba gusto velas pero que non pesaban nada: unhas cousiñas miúdas que daban ternura nas mans dun pai alto e forte. A ternura de Deus paréceulle a don Andrés como a ternura deste pai.” Deus é un pai de ternura”, comenta.

“Pero -continúa- no mundo, aquí, cando queremos ver esa man de consolo e ternura do noso Señor, preguntámonos: pero¿onde está esa man, onde están os seus agarimos, esa presenza, esa alegría de Deus?

“¡Está en ti! -dícelle o Pai de pronto a non sei quen- ¡Xosé, está en tí tamén, está en nós! ¡Sorrí,Teresa, sorrí!¡Aí!¡Con ganas!¡Iso! A tenrura de Deus está naqueles que poden falar del, dar noticia del. Aqueles que se encontraron con el levan dentro a alegría de Deus.Os que non se encontraron con el non poden ofrecer esa alegría porque nona teñen. Por iso é tan bonita a chamada de Isaías:” Festexade a Xerusalén” -o equivalente despois a Igrexa-. Reloucade pois con ela os que a amades –di o Pai- porque nesa alegría é onde o Señor leva o seu consolo a todas partes.

“Mirade -continúa-: hai tanta tristeza, tanto desconsolo, tanta miseria, tanta necesidade de traballo, tantas persoas sen teito, tanta inxustiza, que faltan brazos que cheguen a tódolos rinconciños do mundo para levar o consolo de Deus; brazos que, naturalmente, poden ser os dun sacerdote, dun misioneiro, dunha monxa, dun frade pero nos que o Señor inclúe, coido eu, a tódolos membros da súa Igrexa****.

Cada cristián ten que ser pois un alegre testemuño de Deus a través da axuda, do consolo e da paz.”
Recopilado da RTVG europea
______________________________
*Homilía: plática relixiosa -según o DILE- e plática moral, pesada e enfadosa -según o pequeno Larousse (hispano-americano)-.

**Pai Andrés García Vilariño. Os domingos ás dez preside a Misa onde se desarrollaron estas Homilías, en San Frutuoso de Santiago de Compostela. A Misa é retransmitida pola RTVG e pode ser facilmente vista e oída no mesmo intre e en calquera momento da semana subseguinte a súa retransmisión, no enderezo informático:
GOGLE>Escribir Andrés García Vilariño>Santa Misa/Programas/CRTVG >Santa Misa

***Fariseos: Secta relixiosa xudía que propugnaba un estrito seguimento da Lei e da tradición non escrita, en oposición á Secta dos Saduceos que se guiaban pola Torá (cinco primeiros libros do Antigo Testamento)

****[Igrexa = eclesia (lat. Vg) = ecclesia (lat. Cl) ≈ ekklesia (grego)] ≈ [Reunión ou lugar de reunión; no cristianismo, primeiro nunha acepción local e logo universal].
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES