Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiño atrancado

lunes, 29 de abril de 2013
Cando Dolores Alpina baixaba pola rúa da Igrexa de Baños de Molgas, viu a uns metros unha gran pedra que lle atrancaba o camiño. A pedra caera do muro da finca de dona Constanza Penadés, emigrada ás Américas alá polos anos vinte do século pasado, e da que nunca máis se volveu saber. Ata poida que hoxe xa non exista como persoa, ou sexa, que falecera.

A que seguía viva era Dolores Alpìna, que empezaba a suar xa porque non sabía cómo actuar; se dar a volta e baixar, logo, polo Agro, ou se intentar choutar a gran pedra caída. Pensar en movela era en por si unha quimera, xa que aquilo tiña que pesar polo menos uns douscentos quilos.

Nun arrinque de xenio, Dolores Alpina sentou no chan enrabechada e non se moveu ata que tres días máis tarde os operarios municipais sacaron a pedra coa axuda dun guindastre. Ao momento xa foi buscar auga á burga.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES