Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha nova Lei

viernes, 19 de abril de 2013
Moitas veces as leis non son máis que acumulación de normativas que o único que fan é enmarañar o panorama ao que teñen que enfrontarse os profesionais do dereito e os particulares e institucións que pretenden cumprilas.

Pero agora parece que se está a traballar nunha nova norma, polo de agora descoñecida, que veña poñer algo de orde no mundo da política, ese que debera ser solución de todos os problemas e sen embargo está visto polos nosos paisanos como un dos problemas máis graves.

Poñer por lei fin ás prebendas dos políticos, concedidas por eles mesmos en tempos que se coidaron de bonanza vai ser difícil, e sen embargo vai ser imprescindible para que algo deixe de feder por estas latitudes. Conseguir tachar dunha lista ao que non nos apetece votar dun partido e sen embargo apoiar a outro que coidamos o merece, é un berro ás veces silencioso e outro clamoroso por parte de toda a cidadanía. Limitar os mandatos das nosas máximas autoridades, será un elemento de incalculable valor á hora plantear políticas e obxectivos.

Todo esto pode e debe abordalo a nova norma que se di que está en estudio. Se así se fai, que os cidadáns os aplaudan. E se non, que lle lo demanden.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES