Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Uned Senior en Portugal

viernes, 19 de abril de 2013
A Uned Senior en Portugal Os alumnos da Uned Senior de Xestoso, fixemos unha marabillosa viaxe a Portugal, acompañados, como sempre, polo noso profesor D. Felipe Senén López.

Primeiramente, dirixímonos a Santiago. Logo, por terras do Salnés, fomos cara a Vigo, O Porriño, Tui, e, cruzando o Miño, introducímonos en Portugal. Visitamos Ponte de Lima, en primeiro lugar. E, percorrendo o camiño lusitano a Santiago, e atravesando unha fermosa paisaxe de oliveiras e viñedos, por terras de Barcelos, Braga e Guimaraes, chegamos á sempre interesantísima cidade de Porto.

En Ponte de Lima, explicóusenos que é a vila máis antiga de Portugal, por onde pasa o Camiño de Santiago. Paseando pola cidade, vimos o Palacio dos Duques, a estatua de Dona Teresa(filla de Alfonso VI e irmá de Dona Urraca), nai de Alfonso Henriques, autor da independencia de Portugal. Por suposto, a Ponte Medieval. Falóusenos do dereito de pontazgo.Vimos as esculturas de danzas, de mariñeiros, as de Décimo Junio Bruto, chamando aos seus soltados, etc. Tamén percorremos a parte histórica, rodeada de murallas, a Vaca das Cordas, símbolo dunha festa tradicional, a Igrexa Matriz, a Casa da Misericordia, etc.

No camiño de Porto, o noso profesor, explicounos aspectos da vida dun gran escritor portugués, Camilo Castelo Blanco, escritor romántico, contemporáneo de Murguía e Rosalía, autor de libros moi interesantes, que se caracteriza pola saudade, enterrado en O Porto, na igrexa de Lapa. A súa casa museo está en Fameliçao.

Xa, na cidade de Porto, fixemos unha visita panorámica, durante a cal o noso profesor nos dou unha amplísima información de todo o que iamos contemplando. Entre outras cousas, falounos do famoso arquitecto Álvaro Xiza, autor, entre outros edificios, do museo de Arte Contemporánea de Santiago. Fixemos un itinerario completo, observando nas diferentes construcións, o ferro forxado e os azulexos, moi característicos de Porto. A estación de ferrocarril de San Bento, a Praza dos Aliados, co edificio do Concello e os hoteis modernistas, a rúa de Santa Catalina, a cal recorremos camiñando, co seu café Majestic, onde nos sentamos e disfrutamos dunha marabillosa actuación da Tuna universitaria. A Torre dos Clérigos, o campanario por excelencia, símbolo de Porto, a Catedral, na parte alta, co Pazo Episcopal, a ponte de ferro de Luís I, deseñada por discípulos de Eiffel. Do outro lado da Ribeira, en Vilanova de Gaia, as bodegas de viño de Porto, explotadas polos ingleses, os barcos Rabelos. Na parte alta da cidade, a igrexa do Carmen, a dos burgueses e a da Misericordia, a librería Lello, preciosísimo edificio neogótico, de 1.906, o Palacio de Cristal. Pola Avenida de Boa Vista, a Casa da Música, un orixinal edificio de arquitectura deconstrutivista, o Parque da Cidade,a Praza de Galiza, cunha estatua de Rosalía, o Castelo do Queixo, o de San Joao. Recorremos, o paseo máis longo do mundo de Metrosideros. Contemplamos o mar bravo batendo nas rochas de orixe volcánica, a desembocadura do Douro, etc., etc. E moitísimas cousas máis que, como sempre, o noso profesor nos explicou marabillosamente.

Moitos xa estiveramos varias veces nesta fermosa cidade de Porto, pero, non deixaron de sorprendernos outros puntos de vista e outras cousas novas.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES