Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caxigueiro en órbita

jueves, 18 de abril de 2013
O pasado día 5 do actual, con grande expectación, inaugurouse na prestixiosa galería de Arte Pardo Bazán, ubicada en céntrica rúa da Cidade da Coruña a exposición “A contorna das palabras”, do escultor- ceramista mindoniense, afincado na parroquia focega de San Martiño, mesmo na beira do Centiño, fronte á histórica basílica.

A obra do noso conveciño está sendo visitada por numerosas persoas, entre elas xentes da cultura, críticos e profesionais das artes plásticas, que coinciden en apreciar a evolución moi favorable na obra do mindoniense; él, poeta da vida, e quén de levar a súa innata sensibilidade e reflectila nos obxectos con alma, que saen das súas mans de artista ambivalente, a través da linguaxe e da expresividade plástica.

Por iso, dende hai uns quince anos, que o artista espuxo por primeira vez a serie “A linguaxe da memoria”, unha instalación que fusionaba coa doble linguaxe, un conxunto ordenado de libros realizados en cerámica que facían referencia á perda cultural, ocurrida no incendio da Biblioteca de Saraxevo (25.08.92) na Guerra dos Balcáns, o libro faise presente na sua obra escultórica.

A perda das culturas minoritarias é un dos discursos habituais de Caxigueiro, un artista comprometido que incide en todo o que supón a desaparición ou deterioro dos valores fundamentais do home. Obras como “Natureza morta” ou “O libro das pólas” definen o deterioro do medio ambiente, ou “O libro das palabras”, “O libro dos paxaros” e “O libro do silencio”, refírense ó idioma galego e o esquecemento de moitas das súas palabras que se utilizaban ata hai pouco tempo e que perderon todo significado.

Poucos meses hai que Caxigueiro, co poeta de Celanova, Baldo Ramos, mantivo no Gaiás de Santiago, ou A Cidade da Cultura, unha exitosa exposición; agora mesmo ten na Coruña a que comentamos e paralelamente participa nunha colectiva na cidade de Pontevedra e en carteira outras actividades e presenzas polo resto do país; daí que, como o título proclama, Caxigueiro está en órbita. Os nosos parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES